24/11/2017
Gala da Xoiaría Galega 2017
O Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia e a Federación Galega de Xoieiros celebran o vindeiro domingo 3 de decembro a súa Gala anual en honra ó seu patrón, San Eloi, no Restaurante Mirador de San Pedro (A Coruña).
Esta cita, ademáis de conmemorar un día moi sinalado para o sector constitúe un punto de encontro que permite ós profesionais da xoiaría procedentes de toda a xeografía galega compartir un día entrañable e estreitar lazos de amizade.
Os actos de celebración da Gala desenrolaranse no Restaurante Mirador de San Pedro (A Coruña). No curso da mesma, procederase á presentación da campaña de publicidade para o Nadal 2.017 e rendirase unha cariñosa e especial homenaxe a diversos profesionais.
Dentro do apartado de colexiados, entregaranse as Seguetas de prata por toda a súa vida dedicada á xoiaría a:
- Dª. Josefa María Carreño de la Iglesia (Joyería Barreiro - Noia - A Coruña)
- Dª. María Dolores Barreiros Fernández (El Regulador - Ourense)
- D. Manuel Suárez García (Joyería Suárez - Santiago de Compostela - A Coruña)
- D. Gerardo José Alonso Iglesias (Relojería Gerardo - Vigo - Pontevedra)
A Segueta de ouro entregarase este ano a D. José Manuel Fondevila López, profesional e home entregado á profesión da xoiaría, en recoñecemento a toda unha vida dedicada a esta profesión e polas súas aportacións emprendidas en prol do sector ó longo da súa traxectoria profesional.
Dentro do apartado de non colexiados, distinguirase coa medalla do Colexio de Xoiaría e rendirase unha merecida homenaxe a 15ª zona da Garda Civil (integrada polas comandancias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra) , polo seu decidido apoio e sensibilidade coa xoiaría de Galicia.