Gala da Xoiaría Galega 2017

 

Gala da Xoiaría Galega 2017

 

O Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia e a Federación Galega de Xoieiros celebran o vindeiro domingo 3 de decembro a súa Gala anual en honra ó seu patrón, San Eloi, no Restaurante Mirador de San Pedro (A Coruña).

Esta cita, ademáis de conmemorar un día moi sinalado para o sector constitúe un punto de encontro que permite ós profesionais da xoiaría procedentes de toda a xeografía galega compartir un día entrañable e estreitar lazos de amizade.

Os actos de celebración da Gala desenrolaranse no Restaurante Mirador de San Pedro (A Coruña). No curso da mesma, procederase á presentación da campaña de publicidade para o Nadal  2.017 e rendirase unha cariñosa e especial homenaxe a diversos profesionais.

Dentro do apartado de colexiados, entregaranse as Seguetas de prata por toda a súa vida dedicada á xoiaría a:

- Dª. Josefa María Carreño de la Iglesia (Joyería  Barreiro - Noia - A Coruña)

- Dª. María Dolores Barreiros Fernández (El Regulador - Ourense)

- D. Manuel Suárez García (Joyería Suárez - Santiago de Compostela - A Coruña)

- D. Gerardo José Alonso Iglesias (Relojería Gerardo - Vigo - Pontevedra)

 

 
A Segueta de ouro entregarase este ano a D. José Manuel Fondevila López, profesional e home entregado á profesión da xoiaría, en recoñecemento a toda unha vida dedicada a esta profesión e polas súas aportacións emprendidas en prol do sector ó longo da súa traxectoria profesional.

Dentro do apartado de non colexiados, distinguirase coa medalla do Colexio de Xoiaría e rendirase unha merecida homenaxe a 15ª zona da Garda Civil (integrada polas comandancias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra) , polo seu decidido apoio e sensibilidade coa xoiaría de Galicia.


 

 

 

 

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com