Imaxe da nova.

A Coruña acolleu a celebración da Gala Anual da Xoiaría Galega

O Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia e a Federación de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros, celebraron o domingo 3 de decembro a súa Gala anual en honra ó seu patrón, San Eloi, en A Coruña (restaurante Mirador de San Pedro). Ver álbum de fotos aquí.

Este encontro, no que se conmemora un día moi sinalado para o sector, constitúe unha oportunidade para o recoñecemento público de profesionais e personalidades a través da entrega das Seguetas de Prata e Ouro e da Medalla do Colexio.

Este ano as Seguetas de Prata por toda unha vida entregada á xoiaría concedéronse a:

- Dª. María Dolores Barreiros Fernández (Joyería  El Regulador - Ourense). Fixeron a entrega da segueta, Elena Fabeiro, xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, e Óscar Rodríguez, presidente de Coxga e a Federación.

 

 Na foto (de esquerda a dereita): Elena Fabeiro (xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño), María Dolores Barreiros e Óscar Rodríguez (Presidente Coxga e Federación).

 - D. Gerardo José Alonso Iglesias (Relojería Gerardo - Vigo - Pontevedra). Fixeron a entrega da segueta, María Eugenia Pérez, Subdirectora Xeral de Formación Profesional, e Óscar Rodríguez, presidente de Coxga e Federación.

Na foto (de esquerda a dereita): María Eugenia Pérez (Subdirectora Xeral de Formación Profesional), Gerardo José Alonso e Óscar Rodríguez (Presidente Coxga e Federación).

 

A Segueta de Ouro pola súa traxectoria profesional e polas moitas horas de reunións e traballo, entregouse a D. José Manuel Fondevila López (Xoiaría Fondevila - A Estrada), un home comprometido coa súa profesión e co sector. Con este recoñecemento destácase a súa dedicación ó colectivo xoieiro ó que sempre atopou tempo para adicarlle na Asociación Provincial, da que foi presidente, e tamén na Federación onde foi membro da Directiva, e no Colexio, onde foi membro da Directiva e fundador do mesmo, participando na súa posta en marcha. Fixeron a entrega da segueta, Sol María Vázquez, Directora Xeral de Comerio, e Óscar Rodríguez, presidente de Coxga e Federación.

Na foto (de esquerda a dereita): Sol María Vázquez (Directora Xeral de Comercio), José Manuel Fondevila e Óscar Rodríguez (Presidente Coxga).

Dentro do apartado de non colexiados, distinguiuse coa medalla do Colexio de Xoiaría e rendeuse unha merecida homenaxe á 15ª Zona da Garda Civilpolo seu decidido apoio e sensibilidade coa xoiaría de Galicia. Fixeron a entrega da medalla, Sol María Vázquez, Directora Xeral de Comerio, e Óscar Rodríguez, presidente de Coxga e Federación. Recolle a medalla Ángel Alonso Miranda, Xeneral Xefe da 15ª Zona da Garda Civil.

Na foto (de esquerda a dereita): Sol María Vázquez (Directora Xeral de Comercio), Ángel Alonso (Xeneral Xefe da 15ª Zona da Garda Civil) e Óscar Rodríguez (Presidente Coxga).

 

No transcurso da gala presentouse a Campaña de Nadal para o ano 2017 que co lema "Brillar" estará presente en radio, mupis, vallas e online.

O acto presidido por D. Óscar Rodríguez Blanco (presidente Coxga) contou coa presencia, entre outras autoridades, da Directora Xeral de Comercio, a Xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, o Director da EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela e a Subdirectora Xeral de Formación Profesional da Xunta de Galicia.

← volver

Calendario de eventos:

« Decembro 2017 »
L M Me X V S D
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B - 15701 Santiago de Compostela    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com