09/02/2018
A Campaña de Nadal “Brillar” posta en marcha pola Federación Galega de Xoieiros en colaboración co Colexio Oficial de Xoiaría para incrementar o protagonismo do regalo de xoiaría durante o pasado Nadal, incluía o sorteo online de varias pezas de xoiaría.
A Unión Joyera de Bergondo, colaborador da Campaña, aportou de forma voluntaria para o sorteo unha fermosa sortella de ouro branco de 18 quilates con catro brillantes.
No sorteo realizado ante Notario o pasado 12 de xaneiro, resultou agraciada co anel, Laura Blanco Suárez, quen recolleu esta semana o premio nas instalacións de Unión Joyera de Bergondo, de mans de Fernando García, o xerente da empresa.
Ademais, a gañadora e o seu marido, disfrutaron dunha visita guiada ó taller coa que tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man como traballa esta emblemática empresa da alta xoiaría española que no ano 1965 iniciou a súa actividade e, dende entón, importantes premios nacionais e internacionais recoñeceron o seu espectacular traballo, composto por pezas de gran deseño e calidade.
Grazas á Unión Joyera de Bergondo pola súa colaboración e os nosos parabéns á gañadora!