13/04/2018
O Colexio Oficial de Xoiaría, en colaboración coa Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, organiza o curso "A Maxia de Conectar co Cliente".
A excelente atención ó cliente é un dos principais pilares da competitividade das empresas e, este curso, ofrece unha oportunidade única de formación específica na atención ó cliente de xoiaría. No mesmo transmitiranse técnicas para mellorar a comunicación co cliente co obxectivo de conseguir relacións de confianza que se manifesten en vendas.
É un curso intensivo de 8 horas de duración no que se combinará a aprendizaxe da técnica coa aplicación práctica da mesma, asegurando así que os participantes adquiran os coñecementos, habilidades e actitudes necesarias para desempeñar as actividades de atención ó cliente de forma satisfactoria.
O profesor, Eloy Gesto, director da Escuela Inventa, ten unha ampla experiencia no mundo da comunicación adaptada á venda e, especialmente, no sector da xoiaría xa que provén dunha familia de ourives.
Para máis información sobre o curso, o desenrolo do mesmo e a metodoloxía que empregará o formador, premer aquí para ver a presentación do programa.
No Colexio Oficial de Xoiaría quedamos a vosa enteira disposición para aclarar calquera dúbida, por correo-e (info@coxga.es) ou teléfono (981 598 858).
A Maxia de Conectar co Cliente
luns 30 de abril de 2018
Horario: 9h30-14h e 15h30 - 19h (8 horas -intensivo)
Lugar: Santiago de Compostela
Obxectivos do curso de 8h:
entender as motivacións do cliente detrás dunha compra
prepararse para adaptar a nosa resposta á psicoloXía do cliente
prepararse para xerar unha comunicación que desperte a maxia para conectar co cliente
Programa do curso:
Conectar co cliente a través das súas motivacións. Que esperan atopar as persoas que acuden a comprar unha xoia?
Fortalecer a concienciación e a necesidade de comprender que historia hai detrás de cada persoa que acude ó noso establecemento
Entender a venda dende as relacións humanas
Transmitir a confianza.
Diferenciarse dende a marca, a xenuidade de cada peza.
Aproveitar cada entrada en tenda para ofrecer unha experiencia de valor.
Asesorar ó comprador fortalecendo o vínculo e o motivo de compraal comprador fortaleciendo el vínculo y el motivo de compra.
Pechar a venda e facilitar o proceso de compra. Conseguir que cada cliente saia entusiasmado do establecemento.
Fidelizar é que o cliente viva unha atención individualizada, unha experiencia.
Trainer | Eloy Gesto
Especialista da comunicación, que procede do sector da ourivaría tradicional e coñece moi ben as dificultades coas que se atopa o sector na actualidade.
Inscripción:
As cotas de inscrición no curso son:
Para o titular dun obradoiro artesán: 20 €
Para profesional colexiado: 50 €
Para empregado de colexiado: 60 €
Para non colexiado: 117 €
O importe da cuota debe ingresarse na seguinte conta bancaria, de titularidade do Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia:
Banco Santander ES64-0030-6099-4700-0075-6271
Número de alumnos: 15
Para apuntarse ó curso, bastará con que nos remitades un correo a info@coxga.es, indicando o voso nome e apelidos, un teléfono de contacto e a vosa situación profesional (colexiado, obradoiro artesán ou outra).
Para un maior aproveitamento do curso, preme aquí para descargar un cuestionario e remítenolo cuberto a info@coxga.es