02/05/2018
O pasado luns 30 de abril celebrouse en Santiago de Compostela o curso "A Maxia de Conectar co Cliente", organizado polo Colexio Oficial de Xoiaría, en colaboración coa Fundación Pública Artesanía de Galicia.
O curso foi impartido por Eloy Gesto, director de Escuela Inventa, quen conta cunha ampla experiencia no mundo da comunicación adptada á venda e, especialmente, no sector da xoiaría, xa que provén dunha familia de ourives.
A excelente atención ó cliente é un dos principais pilares da competitividade das empresas, e este curso ofreceu ós asistentes unha oportunidade única de formación específica na atención ó cliente de xoiaría, transmitindo ós alumnos as técnicas para mellorar a súa comunicación co cliente co obxectivo de conseguir relacións de confianza que se manifesten en vendas.
Durante as oito horas intensivas de duración do curso combinouse a aprendizaxe práctica da mesma, asegurando así que os participantes adquirisen os coñecementos, habilidades e actitudes necesarias para desempezar as actividades de atención ó cliente da forma máis satisfactoria.
En decembro de 2017 xa se había celebrado unha primeira edición do curso en Viveiro (organizado en colaboración coa Asociación de Xoieiros de A Mariña), e, en ambos casos, conseguiuse cubrir a totalidade das prazas ofertadas.