Formación en atención ó cliente

O pasado luns 30 de abril celebrouse en Santiago de Compostela o curso "A Maxia de Conectar co Cliente", organizado polo Colexio Oficial de Xoiaría, en colaboración coa Fundación Pública Artesanía de Galicia.

O curso foi impartido por Eloy Gesto, director de Escuela Inventa, quen conta cunha ampla experiencia no mundo da comunicación adptada á venda e, especialmente, no sector da xoiaría, xa que provén dunha familia de ourives.

A excelente atención ó cliente é un dos principais pilares da competitividade das empresas, e este curso ofreceu ós asistentes unha oportunidade única de formación específica na atención ó cliente de xoiaría, transmitindo ós alumnos as técnicas para mellorar a súa comunicación co cliente co obxectivo de conseguir relacións de confianza que se manifesten en vendas.

Durante as oito horas intensivas de duración do curso combinouse a aprendizaxe práctica da mesma, asegurando así  que os participantes adquirisen  os coñecementos, habilidades e actitudes necesarias para desempezar as actividades de atención ó cliente da forma máis satisfactoria.

En decembro de 2017 xa se había celebrado unha primeira edición do curso en Viveiro (organizado en colaboración coa Asociación de Xoieiros de A Mariña), e, en ambos casos, conseguiuse cubrir a totalidade das prazas ofertadas.

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com