As creacións de colexiados en MadridJoya e Bisutex

 

 

Mañá mércores 12 de setembro empezan as feiras MadridJoya e Bisutex, en Madrid - Ifema. Trátase dunha das grandes citas anuais do sector no país, na que será moi relevante a presenza de colexiados que amosarán as súas creacións.

 

MadridJoya (pabellón 10):

 - 18k - LeCarré: empresa de A Coruña adicada dende fai máis de 30 anos á fabricación e distribución de xoiaría tradicional en ouro e noutros materiais, con ansias de crear un produto diferenciado que destaque polo deseño e calidade. Teredes a oportunidade de coñecer a LeCarré visitando o stand 10C31A.

 

 

  

Óscar Rodríguez Joyeros: Empresa de Viveiro amparada por Galicia Calidade cuxas pezas son unha combinación de  creación, estética, elaboración artesanal e un toque de atrevemento, o que convirte cada xoia nunha auténtica obra de arte.

 

Podedes coñecer o traballo de Óscar Rodríguez Joyeros visitando o stand 10E19.

 

 

 

Unión Joyera de Bergondo:Emblemática empresa de alta xoiaría española amparada por Galicia Calidade. As súas pezas son espectaculares, de deseño soberbio, gran calidade e riqueza.

Podedes coñecer as novas propostas para a vindeira tempada visitando o stand 10E17.

 

Bisutex (pabellón 8):

  - Ardentia:  Empresa de Bergondo amparada por Galicia Calidade que dende fai máis de 28 anos deseñan e elaboran coleccións de xoiaría contemporánea en prata de lei e esmalte ó fogo.

 

As súas pezas de xoiaría destacan polo seu deseño e marcado carácter diferenciador, así como pola súa calidade, presente dende a idea ata a xoia final.

 

Podedes coñecer as súas propostas para a vindeira tempada visitando o stand 8B28.

 

 

- Maysil:  Empresa artesana de xoiaría, que aposta pola calidade, a renovación constante, a variedade nas súas coleccións e o servizo ó cliente.

 

Goza dunha personalidade inconfundible e, continuamente, incorporan ós seus clientes novas coleccións de xoias inspiradas nas últimas tendencias do mercado. O resultado: xoias vangardistas, actuais e perfectas para que o público máis esixente atope o seu estilo propio.

 

 Podedes coñecer as súas propostas para a vindeira tempada visitando o stand 8D25.

 

 

 

Desexámoslles a todos moito éxito nesta feira.

 

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com