11/09/2018
Mañá mércores 12 de setembro empezan as feiras MadridJoya e Bisutex, en Madrid - Ifema. Trátase dunha das grandes citas anuais do sector no país, na que será moi relevante a presenza de colexiados que amosarán as súas creacións.
MadridJoya (pabellón 10):
- 18k - LeCarré: empresa de A Coruña adicada dende fai máis de 30 anos á fabricación e distribución de xoiaría tradicional en ouro e noutros materiais, con ansias de crear un produto diferenciado que destaque polo deseño e calidade. Teredes a oportunidade de coñecer a LeCarré visitando o stand 10C31A.
Óscar Rodríguez Joyeros: Empresa de Viveiro amparada por Galicia Calidade cuxas pezas son unha combinación de creación, estética, elaboración artesanal e un toque de atrevemento, o que convirte cada xoia nunha auténtica obra de arte.
Podedes coñecer o traballo de Óscar Rodríguez Joyeros visitando o stand 10E19.
Unión Joyera de Bergondo:Emblemática empresa de alta xoiaría española amparada por Galicia Calidade. As súas pezas son espectaculares, de deseño soberbio, gran calidade e riqueza.
Podedes coñecer as novas propostas para a vindeira tempada visitando o stand 10E17.
Bisutex (pabellón 8):
- Ardentia: Empresa de Bergondo amparada por Galicia Calidade que dende fai máis de 28 anos deseñan e elaboran coleccións de xoiaría contemporánea en prata de lei e esmalte ó fogo.
As súas pezas de xoiaría destacan polo seu deseño e marcado carácter diferenciador, así como pola súa calidade, presente dende a idea ata a xoia final.
Podedes coñecer as súas propostas para a vindeira tempada visitando o stand 8B28.
- Maysil: Empresa artesana de xoiaría, que aposta pola calidade, a renovación constante, a variedade nas súas coleccións e o servizo ó cliente.
Goza dunha personalidade inconfundible e, continuamente, incorporan ós seus clientes novas coleccións de xoias inspiradas nas últimas tendencias do mercado. O resultado: xoias vangardistas, actuais e perfectas para que o público máis esixente atope o seu estilo propio.
Podedes coñecer as súas propostas para a vindeira tempada visitando o stand 8D25.
Desexámoslles a todos moito éxito nesta feira.