01/12/2018
O Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia e a Federación de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros celebran o domingo 2 de decembro a súa Gala anual en honra ó seu patrón, San Eloi, en Teo.
Esta cita, ademáis de conmemorar un día moi sinalado para o sector constitúe un punto de encontro que permite ós profesionais da xoiaría procedentes de toda a xeografía galega compartir un día entrañable e estreitar lazos de amizade.
Os actos de celebración da Gala desenrolaranse no Pazo de Adrán (Teo). No curso da mesma, procederase á presentación da campaña de publicidade do Colexio para o Nadal 2.018 e rendirase unha cariñosa e especial homenaxe a diversos profesionais.
Dentro do apartado de colexiados, entregaranse as Seguetas de prata por toda a súa vida dedicada á xoiaría a:
- D. Senén Rodríguez Martínez (Joyería Senén - Lugo)
- D. Hermesindo José Mosquera Fernández (Joyería Hema - Cangas)
- D. Pedro Villar Alonso (Relojería Villar - A Proba de Trives)
A Segueta de ouro entregarase este ano, pola súa especial traxectoria como empresario do sector, a César Blanco Fidalgo, S.A. (Ourense) na persoa do seu fundador.
E, pola súa parte, a Federación fará entrega das insignias de prata da Federación Galega de Xoieiros ó engastador coruñés D. Antonio Rama Duro, ó ourive compostelán D. Ricardo Rivas Casal e ó empresario lucense D. José Antonio Refojo Díaz.
O acto presidido por D. Óscar Rodríguez Blanco contará coa presencia, entre outras autoridades,da Directora Xeral de Comercio, a Xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, o Comisario Xefe da Policía Nacional de Santiago de Compostela, o Capitán Xefe da Garda Civil de Santiago de Compostela, o Director da EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela, o escultor Ramón Conde e a Subdirectora Xeral de Orientación Profesional e Relación con Empresas da Xunta de Galicia.