Teo acolleu a celebración da Gala San Eloi 2018

O Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia e a Federación de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros, celebraron o domingo 2 de decembro a súa Gala anual en honra ó seu patrón, San Eloi, en Teo (Pazo de Adrán). Ver álbum de fotos aquí.

Este encontro, no que se conmemora un día moi sinalado para o sector, constitúe unha oportunidade para o recoñecemento público de profesionais e personalidades a través da entrega das Seguetas de Prata e Ouro.

Este ano as Seguetas de Prata por toda unha vida entregados á xoiaría concedéronse a:

- D. Hermesindo José Mosquera Fernández  (Joyería Hema - Cangas). Fixeron a entrega da segueta, Elena Fabeiro, xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, e Óscar Rodríguez, presidente de Coxga e da Federación.

 

 Na foto (de esquerda a dereita): Óscar Rodríguez (Presidente Coxga e da Federación), Hermesindo J. Mosquera e Elena Fabeiro (xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño).

 - D. Pedro Villar Alonso (Relojería Villar - A Pobra de Trives). Fixeron a entrega da segueta, María Eugenia Pérez, Subdirectora Xeral de Formación Profesional, e Óscar Rodríguez, presidente de Coxga e da Federación.

Na foto (de esquerda a dereita): Óscar Rodríguez (Presidente Coxga e Federación), Pedro Villar Alonso eMaría Eugenia Pérez (Subdirectora Xeral de Formación Profesional).

 

A Segueta de Ouro, pola súa especial traxectoria como empresario do sector, entregouse á empresa César Blanco Fidalgo, S.A., na persoa do seu fundador, César Blanco Fidalgo, unha persoa comprometida coa profesión e co sector. Foi Presidente da Asociación de Maioristas de Xoiaría de Galicia e membro da Xunta Directiva da Federación. E a súa empresa integrouse e colaborou co Grupo Plaza Galicia na promoción da xoiaría galega.

César Blanco iniciouse no mundo da xoiaría como representante de comercio da firma Hermanos Pérez Fidalgo e posteriormente estableceuse pola súa conta constituíndo a actual sociedade César Blanco Fidalgo, S.A. Os seus comerciais percorreron a xeografía de España sendo unha das referencias do comercio polo maior da xoiaría na nosa comunidade.

Na foto (de esquerda a dereita): Óscar Rodríguez (Presidente da Federación Galega e de Coxga), César Blanco Fidalgo e Sol María Vázquez (Directora Xeral de Comercio).

Pola súa parte, a Federación Galega de Xoieiros distinguiu coas insignias de prata da Federación a tres profesionais, en recoñecemento ó seu traballo.

Así, este ano, impuxo a insignia a:

- D. José Antonio Refojo Díaz (Joyería Refojo - Lugo). Representa unha das firmas xoieiras con máis tradición na cidade de Lugo. Foi Presidente do Gremio Provincial de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros de A Coruña, participou na Asemblea Constituínte da Federación Galega de Xoieiros e foi membro da Xunta Directiva da Federación ata o ano 1992.

Na foto (de esquerda a dereita): Óscar Rodríguez (Presidente da Federación Galega e de Coxga) e José Antonio Refojo Díaz.

 

- D. Antonio Rama Duro (engastador de A Coruña), ou, Toñito Rama, como o chaman os profesionais do sector. Unha persoa sempre involucrada e preocupada por resolver os problema da xoiaría na súa cidade durante practicamente 30 anos. Durante a súa longa vida profesional formou parte da Xunta Directiva do Gremio Provincial de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros de A Coruña, estando sempre disposto a traballar polo sector.

Na foto (de esquerda a dereita): Óscar Rodríguez (Presidente da Federación Galega e de Coxga) e Antonio Rama Duro.

 

- D. Ricardo Rivas Casal (Santiago de Compostela). Participou activamente durante moitos anos na Asociación de Ourives de Compostela, dende onde traballou para conseguir a formación de novos artesáns. E hoxe en día segue traballando de modo artesanal para manter viva a tradición do sector.

Na foto (de esquerda a dereita): Óscar Rodríguez (Presidente Coxga) e Ricardo Rivas Casal.

 

 

No transcurso da gala presentouse a Campaña de Nadal para o ano 2018 que co lema "Este Nadal, XOIARÍA" estará presente en radio e online e tamén nos establecementos colaboradores da campaña.

O acto presidido por D. Óscar Rodríguez Blanco (presidente Coxga) contou coa presencia, entre outras autoridades, da Directora Xeral de Comercio, a Xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, o Director da EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela,a Subdirectora Xeral de Formación Profesional da Xunta de Galicia e con representación de Galicia Calidade.

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com