Gran acollida a Lecarré, única marca galega na feira VicenzaOro

A marca de xoiaría Lecarré (A Coruña) participa por primeira vez como expositor na feira VicenzaOro (Vicenza – Italia), unha das principais feiras de xoiaría internacionais do mundo, considerada un escaparate exclusivo para o lanzamento de novas creacións das máis importantes marcas, que reúne a miles de profesionais do sector de aproximadamente 130 países.

A dous días da clausura do Salón vicentino (18 a 23 de xaneiro), a marca asegura que está satisfeita coa “boa acollida” dos seus deseños por parte dos profesionais presentes en VicenzaOro, especialmente “a súa colección minimalista en ouro de 18 quilates con diamantes”, o que lle está permitindo abrir novos puntos de venda e reforzar o seu crecemento en distintos mercados.

A firma Lecarré forma parte dun grupo empresarial fundado en Coruña en 1982. Nada en 2010 conseguiu crear un produto diferenciado, destacado polo seu deseño e calidade e xa conta con puntos de venda en Malta, Estonia, Porto Rico, Francia e Italia.

O obxectivo de Lecarré é seguir incrementando a súa presencia internacional agora que xa conta cunha marca consolidada e recoñecida a nivel nacional.

                                                                                                                                                                             

                                                                     

 

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com