29/01/2019
Joyería Boucelas foi o escenario da entrega dun dos premios da Campaña “Este Nadal, Xoiaría”. Trátase dunha das seis xoias que se sortearon entre os boletos repartidos polos establecementos colaboradores de toda Galicia e entre os participantes online e que recaeu no número 13.803, repartido polo establecemento moañés.
A agraciada, Dolores Costa, recolleu o seu premio, un conxunto de colgante e pendentes, de mans de Cándido Boubeta, xerente de Joyería Boucelas.
Recordamos que a campaña de Nadal “Este Nadal, Xoiaría”, posta en marcha pola Federación Galega de Xoieiros, en colaboración co Coxga, co obxectivo de incrementar o protagonismo do regalo de xoiaría durante o pasado Nadal, incluía como broche final o sorteo de seis xoias.
Cola colaboración da: