Os xoieiros baixo o selo de Galicia Calidade exporán o seu traballo no Mercado La Galiciana dende o 30 de abril ata o 5 de maio

 

Galicia Calidade  e Colexio Oficial de Xoiaría organizan unha mostra aberta para todo o público pola ponte do 1 de Maio e o Día da Nai.

 

As empresas Ardentia, Fernando Gallego Xoieiro Artesán, Katuxa Platero, Orfega, Oscar Rodríguez Joyeros e Unión Joyera de Bergondo que, dende o ano 2012, están amparadas pola Marca de Garantía Galicia Calidade, farán unha presentación dalgunhas das súas mellores pezas no Mercado La Galiciana, Santiago de Compostela.

Este selo de calidade certificada só se otorga aos artesáns que superan os controis esixidos, como o de deseño e fabricación en Galicia, co seu centro de produción en Galicia, con materias primas de alta calidade e uns acabados impecables nas xoias

A rolda de prensa para dar apertura á exposición terá lugar Mañá, Martes 30 de abril as 11:30 no Mercado La Galiciana, Santiago de Compostela. Participarán Óscar Rodríguez, Presidente do Colexio Oficial de Xoiaría e Alfonso Cabaleiro, Director de Galicia Calidade.

A mostra, que estará aberta ao público, de forma gratuíta, contará con persoal para informar e detallar a labor dos artesáns e orfebres participantes. Tamén haberá un concurso para todos aqueles visitantes que participen deixando os seus datos nunha urna. Os premios serán 1 noite de hotel para 2 persoas a escoller nalgún dos hoteis certificados por Galicia Calidade, e 1 menú degustación para 2 persoas a escoller nalgún dos establecementos certificados por Galicia Calidade.

Así  mesmo, nos perfís de RRSS de Galicia Calidade, haberá unha campaña baixo o lema ¨Miña nai é unha xoia¨, promovendo que se regale nese sinalado día xoias Galicia Calidade.

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com