20/12/2019
Katuxa Platero celebrou o pasado trece de decembro o seu décimo terceiro aniversario acompañada por amigos e clientes, e onde non faltou emotividade e moita ilusión.
Trece anos de éxitos no sector da xoiaría coas súas creacións de edicións limitadas e pezas únicas e tamén cos seus deseños de propostas artísticas que realiza a petición dos seus clientes.
Desenvolve o seu proxecto de Xoiaría de Autor, no corazón de Compostela, en pleno casco histórico, desde onde tamén exporta talento e creatividade a distintos países de Europa e Estados Unidos.
Katuxa Platero, unha filosofía de estilo, centrada no deseño, o asesoramento e o trato personalizado. Sempre en continua renovación para adaptarse ás necesidades dos seus clientes, ampliou o pasado ano as súas instalacións co obxectivo de facer sentir máis cómodos ós seus clientes e mellorar a exposición dos seus artigos, á vez que creou un espazo acomodado e tranquilo para que os seus clientes se poidan sentar e, con calma, probar, ver, tocar, e analizar as xoias para facilitarlle a elección das mesmas.
A amabilidade e a confortabilidade de estar como en casa é sempre unha das sensacións que perciben os clientes cando traspasan o vumbral da porta na tenda Katuxa Platero. Pero ademáis, o deseño e a coidada atmósfera do establecemento, transmite distinción, exclusividade, sensibilidade artística e orixinalidade, un dos selos distintivos da xoiaría de autor.
Coincidindo con este aniversario, Katuxa Platero estrea páxina web (www.katuxaplatero.com) cunha imaxe renovada, moito máis visual e cun deseño no que cada xoia adquire un protagonismo especial.
Gañadora do Premio MadridJoya Designers 2017, as súas xoias contan co certificado Galicia Calidade.