31/01/2020
O establecemento ourensano Joyería Prada, ubicado na rúa Dr. Fleming – Ervedelo, 7, entregou outro dos premios da Campaña “Este Nadal, Xoiaría”. Nesta ocasión, o premio, uns fermosos pendentes de prata, bañados en ouro, con circonitas de cor, recaeu no número 9.603.
O portador do número agraciado, Miguel Freire, recolleu o seu premio de mans de María Ángeles González e Manolo Prada, xerentes de Joyería Prada.
Recordamos que a campaña de Nadal “Este Nadal, Xoiaría”, posta en marcha pola Federación Galega de Xoieiros, en colaboración co Coxga, co obxectivo de incrementar o protagonismo do regalo de xoiaría durante o pasado Nadal, incluía como broche final o sorteo de seis xoias.