Nace a Confederación Española de Xoiaría e Reloxaría

O que comezou xestándose en 2020, antes do COVID-19, converteuse en realidade. A Confederación Española de Xoiaría e Reloxaría inicia os seus primeiros pasos. Un novo modelo organizativo para "plantexarnos de forma conxunta, con unidade de acción. Xuntos!" os novos retos.

Nos últimos meses, no sector da xoiaría e reloxaría púxose de manifesto a necesidade de contar cunha representación a nivel nacional, unha voz única que defendera os nosos intereses, xerais e comúns, do sector empresarial do que formamos parte.

Entendeuse que era necesario contar cunha entidade asociativa que nos aglutinara a todos e actuara como interlocutor ante as Administracións Públicas e a sociedade e defendera a todo o sector, porque "só xuntos podemos tratar de que o Goberno, as Administracións e a sociedade escoite a nosa voz".

Por iso, dende Asturias, Córdoba, Madrid e Galicia impulsouse a constitución da Confederación Española de Xoiaría e Reloxaría, entidade que xa está a día de hoxe oficialmente constituída e conta cunha gran acollida en toda España.

Nos vindeiros días poderedes coñecer información máis exhaustiva sobre a Confederación Española de Xoiaría e Reloxaría, se ben a continuación facemos un pequeno resumo dos obxectivos ós que aspira:

- Representar e defender os intereses xerais e comúns de todos os empresarios do sector da xoiaría e reloxaría mediante unha voz única ante os poderes públicos, as distintas Administracións Públicas, as Centrais Sindicias e a sociedade no seu conxunto.

- Ser identificado como un colectivo solidario e comprometido coa economía de España

- Fomentar a competitividade das empresas a través de instrumentos esenciais como a internacionalización, a formación, a información e o asesoramento personalizado co obxectivo de consolidar a estructura empresarial e a posta en marcha de novas ideas de negocio

- Propiciar a necesaria colaboración empresarial e o impulso a novos proxectos empresariais

- Ofrecer servizos especializados a través das súas áreas técnicas: laboral, fiscal, financeira, tecnolóxica, innovación, calidade, medio ambiente, comunicación e imaxe, comercio exterior, etc.

- Establecer convenios de colaboración con entidades e empresas ó obxecto de ofrecer ós seus membros produtos e servizos en condicións competitivas.

 

 

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com