Pedras do mes. A turmalina, a pedra do mes de outubro.

 

 

Pedras do mes

Texto e imaxes: Juan Cristóbal Fernández Casas

Xemólogo colexiado nº G0062

 

Para leer el artículo en castellano pincha aquí.

Ó longo da súa historia o ser humano intentou clasificar as xemas en moitas ocasións e de distinta maneira, ben outorgándolles supostas propiedades preventivas ou curativas, ou ben adscribindo algunha delas á data de nacemento ou signo astral. Quizais como orixe de todo iso podemos citar o pectoral do sumo sacerdote citado no Éxodo da cultura xudía, que encadraba doce xemas (número que veremos repetido en moitas ocasións), pasando por calquera dos lapidarios que citan os poderes das pedras preciosas.

As listas modernas, das que algunhas das súas integrantes permaneceron invariables xa sexa durante as culturas romana, árabe ou da idade media, pertencen con case total seguridade ás elaboradas en 1913 nunha convención de xoieiros celebrada en Kansas, e teñen que ver non só coa tradición, senón cun intento de promocionar determinados minerais que apareceron no mercado nesas datas.

Outras asociacións de xoieiros elaboraron unha clasificación propia, pero adoita ser moi similar á xa citada, así como é posible que vexamos como nestas listas aparece máis dunha xema por mes.

Esta presentación pode ser, independentemente da aceptación dunha xema coa súa data natalicia, unha boa ocasión de coñecer xemas que son menos coñecidas polo público en xeral.


                 Pedra do mes de outubro

                                                                    A Turmalina

John Ruskin citaba a composición química da turmalina asemellándoa máis a unha receita dun doutor medieval que á constitución dun mineral respectable, o que nos dá unha indicación da súa complexa fórmula. Comercializada dende antano polo Mar Mediterráneo, foron os holandeses os que, por medio dunha compaña das indias orientais, trouxeron en 1703 o que eles denominaron Aschentrekke, que podemos traducir como cinceiro, pois usaban esa pedra despois de quentala para atraer as cinzas das súas pipas, que se pegaban á pedra pola capacidade desta en electrizarse coa calor e poder achegar materiais lixeiros, o que hoxe coñecemos como piroelectricidade. Máis tarde denominouse como Turumali, voz cingalesa que significa pedra de cor misturado.  

 

Forma un grupo mineral con varias divisións, aínda que en xemoloxía só nos interesa case exclusivamente a Elbaita, na que se inclúen as variedades xemolóxicas máis coñecidas que poden ser monocromáticas ou ter máis dunha cor en cada cristal. Os nomes tradicionalmete asociados a elas non deben ser usados hoxe en día, recomendándose a palabra turmalina seguida da súa cor.


 

 

 

 

 

 

 

 


← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com