A xema do mes de xaneiro: o Granate

O Granate

 

Texto e imaxes: Juan Cristóbal Fernández Casas

Xemólogo colexiado nº G0062


Para leer el artículo en castellano pinchar aquí.


Con dúbidas de se a palabra “Ántrax” utilizada por algúns clásicos como Theophrastus (372 – 287 a.C.) se usou para esta xema, si está claro que o nome “Carbundo”, que definía a varios minerais de cor roxiza, foi adoptado nos séculos posteriores exclusivamente para o noso granate.

Este vocábulo deriva do latín “Granatum”, que describía a similitude da forma mineral dos granates coas pebidas do granado. É un grupo mineral, do que en xemoloxía usamos case exclusivamente 6 das súas especies: Piropo, Almandino, Espesartina, Andradita, Grosularia e Uvarovita. Dentro de cada unha delas poden existir variedades que se diferencian pola súa coloración, e que en gran número, distinguen na xerga comercial  xemas con lixeiras variacións de cores ou incluso polo seu xacemento orixinal. O máis corrente é que apareza impuro, non pertencente a unha soa especie, senón que estas poden mesturarse entre si orixinando novas variedades xemolóxicas. Unha identificación rigorosa non debería fiarse só da cor, senón que análises posteriores definirían a súa pertenza a unha ou outra variedade.

Podemos atopalos de case todas as cores (incluso incoloro) dende o vermello ó laranxa, amarelo ou verde e en todas as súas misturas, ata chegar ó rarísimo azul, que amosa un cambio de cor segundo o tipo de luz que recibe.

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com