Un exemplar de Diásporo

Texto e imaxes: Juan Cristóbal Fernández Casas

Xemólogo colexiado nº G0062

 

Para leer el artículo en castellano, pinchar aquí.

 

Mineral coñecido dende o ano 1801 en que foi extraído por primeira vez nos montes Urais rusos, o Diásporo, un hidróxido do grupo da goethitas que cristaliza no sistema ortorrómbico non foi apreciado como xema ata 1977, data en que apareceron os xacementos turcos, con cristais aptos para o seu uso como pedra preciosa. O exemplar que hoxe analizamos, cuxas medidas son 6,16 – 6,18 x 4,14 mm e un peso de 1,05 ct. presenta unha cor verde amarelada con matices marróns ou avermellados, facilmente observables a simple vista, e confirmado co uso do dicroscopio, que nos dá un dicroísmo verde – verde avermellado. Os índices de refracción son 1714 – 1758, cunha birrefrinxencia de 0,044, o que fai moi sinxelo a observación con lupa X do desdobramento das facetas posteriores. O seu espectro de absorción, con liñas neste caso moi difusas na rexión do azul, non fai senón corroborar o lido nos manuais xemolóxicos de absorción a 471, 463 e 454nm. Ó filtro de Chelsea, sen ser un dato significativo, amósase rosado, e preséntase inerte a ambas ondas de luz ultravioleta, contrariamente ós datos lidos que nos informan da súa reacción á onda curta. A característica máis importante, sen embargo, é o cambio de cor que amosa dependendo da natureza da luz que o ilumina, verde con luz natural ou de lámpada fluorescente e avermellado con luz incandescente.

       


Amosa o noso exemplar baixo aumentos cavidades planas paralelas, posiblemente aliñadas segundo o eixe C que ó chegar ó exterior amósanse oxidadas.

Dende o ano 2005 extráense en Turquía belos exemplares de calidade xemolóxica cun cambio de cor moi marcado, que, pese á dificultade de tallalos debido a súa exfoliación perfecta dan lugar a xemas moi cotizadas e coñecidas comercialmente co nome de Zultanite, en honra ós sultáns que rexían aquelas terras en épocas pretéritas. A orixe etimolóxica do vocábulo Diásporo vén do grego, co significado de esparexer, pola súa facilidade en crepitar ó ser quentado.

 

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com