Estatutos do Colexio Oficial de Xoiaría

O Colexio Profesional de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia, é unha corporación de dereito público de carácter profesional, dotada de personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins e o exercicio das súas funcións; creada pola Lei 9/2006 do 1 de decembro, e amparada pola Constitución, o Estatuto de Autonomía de Galicia e a lexislación de colexios profesionais.

Tal e como expresa a exposición de motivos da súa propia Lei de creación, o Colexio terá como fins esenciais, a ordenación do exercicio da profesión dentro do marco legal respectivo, a representación desta e a defensa dos intereses das persoas colexiadas.

Por outra banda, corresponde tamén ao Colexio, garantir que o exercicio da profesión se axuste ás normas e regras que aseguren tanto a eficacia coma a eventual responsabilidade en tal exercicio, e polo tanto a finalidade última, que é a protección dos dereitos dos cidadáns e cidadás.

A estrutura e funcionamento desta Corporación, réxese polos Estatutos do Colexio Profesional de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia, aprobados con carácter definitivo por Decreto 299/2008, do 9 de outubro da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Estatutos do Colexio Oficial de Xoiaría

Lei de Creación do Colexio Oficial de Xoiaría

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com