Galicia Calidade

Galicia Calidade é sinónimo de confianza, prestixio e calidade para os consumidores.

Dende o ano 2012, coleccións de xoias das seguintes empresas galegas están amparadas pola Marca de Garantía Galicia Calidade:

Ardentia
Fink Orfebres

Orfega
Kerale
Oscar Rodríguez Joyeros

Unión Joyera de Bergondo

Trátase dun selo de garantía de calidade certificada que só se otorga ós produtos e servizos que superan os controis esixidos, con materias primas de alta calidade, produción óptima e excelentes servizos.

Este selo supón un recoñecemento ó esforzo e afan de superación dos profesionais da xoiaría de Galicia, altamente competitivos, diferenciándoos da competencia polo valor engadido que supón contar coa Marca de Garantía otorgada pola entidade Galicia Calidade, S.A.U. (Lei Española de Marcas, Lei 17/2001, do 7 de decembro) e apoiándoos, ademais, en promocións, campañas publicitarias e en eventos nos que se dan a coñecer os produtos, incluso a nivel internacional, potenciando o prestixio xa coñecido da xoiaría galega por todo o mundo.

A incorporación da xoiaría galega a esta marca foi posible grazas a un convenio asinado entre o Colexio Oficial de Xoiaría e a Consellería de Economía e Industria, para que as pezas elaboradas por xoieiros galegos poidan ser respaldadas polo selo Galicia Calidade.

Con este convenio, o Colexio asume ademais o compromiso de elaborar as auditorías pertinentes para velar polo correcto uso da marca na xoiaría de Galicia. Ademais, dispón dunha comisión encargada de evaluar o cumprimento dos requisitos técnicos do prego de condicións (DN-02-14 Prego de Condicións Xerais para a concesión e uso da marca de garantía Galicia Calidade para as pezas de xoiaría) e calquera outra consulta que a entidade pública poida plantexar. Esta comisión reúnese periódicamente para que as empresas de xoiaría que teñan interese en formar parte deste selo poidan presentar as súas xoias.

Para poder beneficiarse do uso da marca Galicia Calidade, as pezas ou coleccións de xoiaría deben cumprir os requisitos técnicos do prego de condicións do convenio.

Os principais puntos do pregue de condicións son:
1) deseño e fabricación en Galicia

2) centro de produción ubicado en Galicia e dirixido por un profesional colexiado
3) materia prima: platino de 950 milésimas como mínimo, ouro de 750 milésimas como mínimo e prata de 925 milésimas como mínimo
4) acabados impecables das xoias (fundición sin imperfeccións, soldaduras non apreciables, pulido e acabado
de calidade en todas as súas caras)
5) estuches e embalaxes acordes coa calidade da xoia e que protexan o contido dos axentes externos que poidan danar a xoia

6) logo, firma ou marca de fabricante visible en estuches, etiquetados e embalaxes
7) punzón de fabricante e contraste de garantía do Laboratorio de Contrastación de Metais de Galicia
8) etiquet
a con información detallada da peza e colección: fabricación, certificado de composición, identificación, con data de fabricación e foto
9) garantía de como mínimo 3 anos
10) servizo de postvenda con capacidade de resposta en 15 días máximo

Para comprobar as xoias de Ardentia que teñen o selo de Galicia Calidade, premer aquí.
Para comprobar as xoias de Fink Orfebres que teñen o selo de Galicia Calidade, premer aquí.
Para comprobar as xoias de Orfega que teñen o selo de Galicia Calidade, premer aquí.
Para comprobar as xoias de Kerale que teñen o selo de Galicia Calidade, premer aquí.
Para comprobar as xoias de Oscar Rodríguez Joyeros que teñen o selo de Galicia Calidade, premer aquí.
Para comprobar as xoias da Bourellier Joyeros que teñen o selo de Galicia Calidade, premer aquí.
Para acceder á web de Galicia Calidade, premer aquí.
Para acceder á ficha de valoración do prego de condicións que se utiliza para cada xoia, premer aquí.

 

Calendario de eventos:

« Outubro 2017 »
L M Me X V S D
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031
  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B - 15701 Santiago de Compostela    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com