Convocatoria IV Concurso de Deseño San Eloi

O Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia, co obxecto de promover as iniciativas dos deseñadores, convoca o IV Concurso de Deseño San Eloi

 

- Bases galego

- Bases castellano

- Ficha participación galego

- Ficha participación castellano

1.- Participantes

 

O concurso está aberto a todos os deseñadores nacionais ou estranxeiros (sexan profesionais ou non), maiores de idade.

 

2.- Modalidade

 

Sección A: Tema libre

Sección B: Temas especificados na base 3.2

 

3.- Premios

 

1.- Sección A:

 

Premio Óscar Rodríguez Joyeros: realización física do deseño e participación na produción da peza no taller Óscar Rodríguez Joyeros

 

Premio Akros Joyeros:premio en metálico dotado con 500 euros

 

Premio Laboratorio Xemolóxico MLLOPIS: Curso de Xemoloxía Básica MLLOPIS online

 

2.- Sección B:

 

Premios Ardentia:

Tema: Deseño dunha colección de colgante, pendentes e anel que contemple a filosofía e traxectoria da marca Ardentia.

Indicacións realización deseño: O deseño realizarase de forma que poida ser materializado polo proceso de microfusión á cera perdida en prata de lei, podendo contar unicamente cos seguintes elementos adicionais: acibeche e esmalte.

 

- Primeiro premio Ardentia: realización física do deseño en formato de colección e participación durante a preprodución nas instalacións de Ardentia.

 

- Segundo premio Ardentia: beca de formación por un período de 15 días na empresa Ardentia a través da cal o gañador adquirirá coñecementos sobre os procesos de deseño e fabricación habituais da marca Ardentia (uso de novas tecnoloxías, deseño 3D e prototipado).

 

 

Premio Celtia Orfebres:

Tema: Cuncha do peregrino como símbolo universal do Camiño de Santiago

Indicacións realización deseño: O deseño realizarase de forma que poida ser materializado polo proceso de microfusión á cera perdida en prata de lei, podendo contar unicamente cos seguintes elementos adicionais: acibeche e esmalte.

 

Premio: realización física da colección ou xoia gañadora e participación durante a preprodución nas instalacións de Ardentia.

 

Premio Protocloud: Os tres gañadores da Sección B recibirán, ademais, como premio adicional, un Curso de iniciación ó deseño 3D e prototipado rápido aplicado á Xoiaría co software 3Design (16 horas presenciais), ou, un Curso de técnicas básicas do proceso de fundición de xoias á cera perdida (16 horas presenciais), segundo a preferencia dos premiados.

 

Os premios están suxeitos a tributación a tenor do previsto na normativa vixente, sendo o cumprimento de dita obriga responsabilidade do premiado.

 

O xurado seleccionará de entre os participantes dez deseños finalistas, entre os que se escollerán os deseños gañadores.

 

Valorarase a innovación do deseño, a posibilidade de realización e a portabilidade daxoia.

Todos os finalistas recibirán o correspondente diploma acreditativo de participación.

 

4.- Desenvolvemento do certame

 

Os deseños poderán presentarse impresos, ata o 19 de novembro del 2015 inclusive,na oficina do Colexio Oficial de Xoiaría:

Rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B

15701 Santiago de Compostela (A Coruña)

en horario de apertura, de luns a venres: 9h-14 e 16h30-19h30.

A presentación poderá facerse persoalmente, por mensaxería ou por correo postal.

 

Cada proposta presentarase nun sobre que se entregará pechado e en cuxo interior irán outros dous sobres pechados con:

1) o deseño impreso e unha memoria do proxecto de, como máximo, unha páxina. No exterior deste sobre só se indicará a modalidade (sección A ou sección B) do deseño que se presenta.

 

2) o Currículo do deseñador e os seus datos completos:

nome e apelidos

data de nacemento

enderezo postal completo

teléfono

correo-e de contacto

DNI

A ficha de inscrición debidamente asinada (dispoñible en www.coxga.es e na oficina do Colexio Oficial de Xoiaría).

 

Cada participante poderá presentar unha única proposta por cada modalidade.

 

Os deseños deberán ser orixinais e non se aceptarán propostas xa presentadas a outros certames.

 

A partir do 19 de novembro reunirase un xurado composto por seis profesionais representantes do sector da xoiaría, do deseño e do mundo da arte en Galicia. Tomando como base para a súa valoración a innovación do deseño, a posibilidade de realización e a portabilidade da xoia, os membros do xurado seleccionarán os deseños finalistas e gañadores. A decisión adoptada polo xurado será inapelable.

 

A entrega dos premios farase nun acto público, ó que se convocarán os finalistas, na data e lugar que se determinen e que serán convenientemente comunicados a todos os participantes. A previsión é que este acto se organice durante a Gala de celebración de San Eloi, patrón dos xoieiros.

 Toda a información estará sempre actualizada na web do Colexio Oficial de Xoiaría: www.coxga.es

 

5.- Aceptación bases e notas aclaratorias

 

Os participantes aceptan expresamente cumprir todas e cada unha das bases deste concurso. O seu incumprimento dará lugar á exclusión do certame. A este efecto, os participantes deben cubrir e entregar firmada a ficha de inscrición dispoñible na web www.coxga.es e na oficina do Colexio.

 

Os nomes e imaxes dos participantes poderán ser obxecto de comunicación pública nas accións que o Colexio Oficial de Xoiaría poida levar a cabo relacionadas co certame.

 

Todos os participantes ceden ó Colexio Oficial de Xoiaría o uso dos deseños presentados, que poderán ser obxecto de exposición e/ou difusión pública por calquera medio de comunicación.

Os dez deseños finalistas quedarán en propiedade do Colexio Oficial de Xoiaría.

 

O Colexio Oficial de Xoiaría resérvase a interpretación das presentes bases, prevalecendo o seu criterio en caso de discrepancia e tendo en conta que el Xurado pode declarar total ou parcialmente deserto o concurso.

 

Protección de datos: Os datos persoais dos participantes quedan incorporados ós ficheiros do Colexio Oficial de Xoiaría, Ourivaría, Prataría Reloxaría e Xemoloxía de Galicia, formando parte dun ficheiro automatizado ó obxecto de realizar actividades propias deste Colexio e do concurso. Entendemos que os participantes nos autorizan a manter e usar os datos máis arriba indicados coa finalidade descrita e a súa cesión á Administración Pública e ás empresas de servizos que de forma estable colaboran co Colexio: Cofila Asesores, S.L. e García Cumplido-Abogados. Poderanse exercer en calquera momento os dereitos de oposición, acceso, rectificación e cancelación dos seus datos, dirixindo un escrito ó Colexio Oficial de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia ó seguinte enderezo: C/Ramón Cabanillas, 5-7, 2ºB- 15701 Santiago de Compostela, (A Coruña), acompañado de copia do D.N.I.

 

Santiago de Compostela, a 19 de octubre de 2015

 

 

 

← volver

Calendario de eventos:

« Outubro 2019 »
L M Me X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031
  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B - 15701 Santiago de Compostela    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com