Entrega de premios do IV concurso de deseño San Eloi

O pasado sábado 28 de novembro 2015, entregáronse na Gala da Xoiaría de Galicia, en Baiona, os premios do IV Concurso de deseño de xoias San Eloi.

O Premio Óscar Rodríguez (realización física do deseño e participación na produción da peza no taller Óscar Rodríguez Joyeros) foi para o deseño presentado por:
Rubén Diéguez González,




O Premio Akros Joyeros (dotado de 500 euros) foi para o deseño presentado por:
Raúl Diniz,




O Premio Laboratorio Xemolóxico MLLOPIS (curso de xemoloxía básica MLLOPIS online) foi para o deseño presentado por:
Noelia Infante Quiroga,


O Primeiro Premio Ardentia (realizacion física do deseño en formato colección e participación durante a preprodución nas instalacións Ardentia) foi para o deseño presentado por:
Caridad León Diez,


O Segundo Premio Ardentia (beca de formación por un período de 15 días na empresa Ardentia coa que adquirirá coñecementos sobre os procesos de deseño e fabricación habituais da marca Ardentia: uso de novas tecnoloxías, deseño 3D e prototipado) foi para o deseño presentado por:
Rubén Diéguez González,


O Premio Celtia Orfebres (realizacion física da colección ou xoia gañadora e participación durante a preprodución nas instalacións de Ardentia) foi para o deseño presentado por:
Sonia María Vizcaíno Ínsua,


Ademáis, os gañadores dos premios Ardentia e Celtia Orfebres, recibiron, como premio adicional, un curso de iniciación ó deseo 3D e prototipado rápido aplicado á Xoiaría co software 3Design (16 horas presenciais), ou, un curso de técnicas básicas do proceso de fundición de xoias á cera perdida (16 horas presenciais), segundo a preferencia dos premiados.

 


Parabéns a todas e todos! Grazas por participar!
Agardamos seguir contando coa vosa participación na vindeira edición do concurso en 2016!

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com