21/03/2017
A Federación Galega de Xoiaría e o COXGA entregamos esta mañá outro dos cinco vales de 1.001 euros que se sorteou entre os clientes dos establecementos colaboradores de toda Galicia e que recaeu no número 31.187, repartido en Joyería Cid (Ourense).
A agraciada, Begoña Dacal, recolleu o seu premio neste mesmo establecemento de mans de Antonio Rodríguez, propietario de Joyería Cid, e Celso Santos Pereira, en representación do Coxga, e poderá utilizar o vale para facer compras en calquera das xoiarías colaboradoras da campaña de Nadal.
Os nosos parabéns á gañadora!