Imaxe da nova.

As creacións de colexiados en MadridJoya e Bisutex

Hoxe mércores 20 de setembro empezan as feiras MadridJoya e Bisutex, en Madrid - Ifema. Trátase dunha das grandes citas anuais do sector no país, na que será moi relevante a presenza de colexiados que amosarán as súas creacións.

 

MadridJoya (pabellón 10):

 

 

- LeCarré: empresa de A Coruña adicada dende fai máis de 30 anos á fabricación e distribución de xoiaría tradicional en ouro e noutros materiais, con ansias de crear un produto diferenciado que destaque polo deseño e calidade. Teredes a oportunidade de coñecer a LeCarré visitando o stand 10E26.

 

- Ardentia:  Empresa de Bergondo amparada por Galicia Calidade que dende fai máis de 28 anos deseñan e elaboran coleccións de xoiaría contemporánea en prata de lei e esmalte ó fogo.

As súas pezas de xoiaría destacan polo seu deseño e marcado carácter diferenciador, así como pola súa calidade, presente dende a idea ata a xoia final.

Podedes coñecer as súas propostas para a vindeira tempada visitando o stand 10D18.


Kerale: Empresa de Viveiro amparada por Galicia Calidade, que soubo impoñer a súa visión colorista e feminina, así como o seu glamour en todas as súas pezas.  Unha marca altamente dinámica que renova os seus produtos de forma incesante, reflexado nas súas coleccións deseñadas anualmente, sempre acordes coa tendencia e a moda.

Podedes coñecer o traballo de Óscar Rodríguez Joyeros visitando o stand 10E15A. 

 

 

 

Platacero: Empresa de xoiaría en prata con deseños exclusivos.Maioristas distribuidores con fabricación propia. No stand 10H48 podedes coñecer as súas novas coleccións. 

 

Unión Joyera de Bergondo:Emblemática empresa de alta xoiaría española amparada por Galicia Calidade. As súas pezas son espectaculares, de deseño soberbio, gran calidade e riqueza.

Podedes coñecer as novas propostas para a vindeira tempada visitando o stand 10E13.

 

Bisutex (pabellón 8):

Silvereira: empresa de Teo (A Coruña) que leva varias edicións expoñendo nesta feira e este ano teredes novamente a oportunidade de visitalo no stand 8A30.

Lembrámosvos que Silvereira é un taller artesanalsituado na comarca de Santiago de Compostela, dedicado á xoiaría e a bixutaría creativa. O elemento esencial no seu traballo é a Prata de Lei, combinada con outros materiais como acibeche, resina, ante, metacrilato, esmalte…

Os traballos de Silvereira, caracterizados por ter un estilo propio definido en consonancia coas últimas tendencias, non vos deixarán indeferentes.

 

Desexámoslles a todos moito éxito nesta feira.

 

 

← volver

Calendario de eventos:

« Novembro 2017 »
L M Me X V S D
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930
  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B - 15701 Santiago de Compostela    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com