Imaxe da nova.

Campaña Nadal 2017 - Brillar

 

Na Gala anual da Xoiaría Galega que celebramos o pasado domingo 3 de decembro co motivo de San Eloi presentamos a Campaña de Nadal 2017, organizada pola Federación Galega de Xoieiros e o Colexio Oficial de Xoiaría, que este ano inclúe o sorteo de preciosas pezas de xoiaría.

A IX edición da campaña promocional de Nadal aposta por unha imaxe renovada e actual, adaptada ós novos tempos, en búsqueda dunha maior visibilidade e un maior impacto. Así mesmo, tendo en conta que actualmente internet é unha ferramenta de publicidade eficaz e decisiva, como novidade, este ano, escolleuse como medio para divulgar a campaña, entre outros, a  publicidade online. 

A campaña desenrolarase dende o 7 de decembro de 2017 ata o 5 de xaneiro de 2018, ambos días incluídos, nas principais emisoras rexionais de radio e online, en vallas, a partir do 15 de decembro e mupis durante a primeira semana de xaneiro.

Como complemento á campaña, este ano sortéanse online tres marabillosas pezas de xoiaría. Para participar, simplemente hai que pinchar na imaxe da xoia en cuxo sorteo quere participar e cubrir os datos de contacto solicitados. Para participar no sorteo pinchar aquí.

O día 12 de xaneiro de 2018 realizarase o sorteo ante Notario das tres pezas de xoiaría.

 

       

← volver

Calendario de eventos:

« Setembro 2018 »
L M Me X V S D
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B - 15701 Santiago de Compostela    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com