Imaxe da nova.

Convocado o VII concurso de escaparates de San Valentin

A Federación Galega de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros (en adiante, Federación Galega), con CIF G-15086366 e sede na rúa Laverde Ruiz nº 6, baixo dta. - 15702 Santiago de Compostela, e o Colexio Profesional de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia (en adiante Coxga), con CIF: Q-1500321C e sede na rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2ºB - 15701 Santiago de Compostela, convocan a VII edición do concurso de escaparates San Valentín.

O concurso de escaparates de San Valentín é unha iniciativa da Federación Galega e o Coxga para potenciar e dar maior visibilidade nas redes sociais ó sector da xoiaría na época de San Valentín, apoiando especialmente ós establecementos abertos ó publico que dispoñen de escaparate. Con esta nova edición do concurso, a Federación Galega e o Coxga animan ós establecementos a facer máis atractivos os seus escaparates de San Valentín axudando con isto a dinamizar o comercio de xoiaría, e, recompensa o seu esforzo con premios non só para os fans dos establecementos senón tamén para o colexiado titular do establecemento gañador.

Esta acción rexerase polo disposto nas presentes bases:

Bases:

1.- Participantes

O concurso está aberto a todas as persoas maiores de idade.

2.- Mecánica do concurso e Premios

Para participar debes:

1) Entrar na páxina de Facebook do Colexio Oficial de Xoiaría

2) Acceder ó álbum de fotos de escaparates de San Valentín 2018

3) Votar o teu escaparate favorito, premendo “Gústame” ata o luns 12 de febreiro.

4) O martes 13 de febreiro resultará gañador o escaparate que teña máis votos.

En caso de empate, a foto que teña máis comentarios será a gañadora

5) Premios:

 

1.- Premios para os votantes dos escaparates:

- sortearase entre todos os votantes do escaparate gañador unha cea para dúas persoas o mércores14 de febreiro na cidade onde está localizada a tenda da foto gañadora .

 

2.- Premio para o colexiado titular do escaparate gañador:

Unha cea para dúas persoas o mércores 14 de febreiro, na cidade onde está localizada a tenda.

 

A aceptación dos premios polos gañadores supón a autorización para a Federación Galega e Coxga de utilizar os seus nomes e as súas imaxes con fins publicitarios de resultado do concurso. Ditos datos poderán ser igualmente utilizados con fins publicitarios mediante a publicación dos gañadores en diferentes medios de comunicación, en www.fgxoieiros.es e www.coxga.es e noutros soportes con similares fins. O interesado poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose por correo postal á Federación Galega de Xoieiros, na rúa Laverde Ruis nº 6 baixo dta – 15.702 Santiago de Compostela ou ó Coxga, rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2ºB – 15701 Santiago de Compostela (A Coruña) a través dun escrito asinado ó efecto e remitindo unha copia do DNI.

 

3.- Aceptación bases e notas aclaratorias

▪ Os participantes aceptan expresamente cumprir todas e cada unha das bases deste concurso. O seu incumprimento dará lugar á exclusión do certame.

▪ A Federación Galega e o Colexio Oficial de Xoiaría resérvanse a interpretación das presentes bases, prevalecendo o seu criterio en caso de discrepancia.

 

 

Podes descargar as bases do concurso premendo aquí.

Podes acceder o albume Concurso San Valentín premendo aquí.

 

         

← volver

Calendario de eventos:

« Outubro 2018 »
L M Me X V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031
  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B - 15701 Santiago de Compostela    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com