09/02/2019
O establecemento estradense Xoiaría Fondevila, ubicado na Praza de Galicia, foi o escenario da entrega dun dos premios da Campaña “Este Nadal, Xoiaría”. Trátase dunha das seis xoias que se sortearon entre os boletos repartidos polos establecementos colaboradores de toda Galicia e entre os participantes online e que recaeu no número 22.961.
A agraciada, Maria del Mar Sangiao, recolleu o seu premio de mans de José Manuel Fondevila, o xerente do establecemento
Recordamos que a campaña de Nadal “Este Nadal, Xoiaría”, posta en marcha pola Federación Galega de Xoieiros, en colaboración co Coxga, co obxectivo de incrementar o protagonismo do regalo de xoiaría durante o pasado Nadal, incluía como broche final o sorteo de seis xoias.
Coa colaboración da: