Curso de Diamante sintético, Tratado e Imitacións

O Colexio Oficial de Xoiaría organiza a realización dun curso de "Diamante sintético, Tratado e Imitacións".

O curso, moi solicitado dada a relevancia do diamante sintético que está circulando no mercado, ten por obxectivo que os alumnos poidan identificar diamantes sintéticos e tratados, así como as imitacións modernas do diamante máis relevantes.

É un curso intensivo e presencial de 8 horas de duración, no que se abordarán os diversos métodos de síntese de diamantes comezando cunha breve descrición teórica para, a continuación, pasar a realizar as prácticas. Emplearanse métodos xemolóxicos estándar e explicaranse ademais, outras técnicas que inclúen instrumentos sofisticados de espectroscopía.

O seminario será impartido por dous xemólogos especialistas en diamante do laboratorio MLLOPIS, que se trasladarán ó lugar de formación co equipamento necesario (lámpadas, microscopios estereoscópicos, microscopio estereoscópico con cámara de vídeo para proxectar imaxes, reflectómetro, conductímetro, D-Screen, imán de neodimio, balanza hidrostática, polariscopios, cabina de luz ultravioleta Oc-Ol, espectroscopio manual con fuente de iluminacion, refractómetro e colección de pedras - diamantes naturais, sintéticos, tratados e imitacións).

Cada alumno percibirá un caderno coas dispositivas e as fichas prácticas das pedras da colección, se ben debe ir provisto de lupa e pinzas, que debe saber manexar ó tratarse dun curso avanzado.

Para ver o programa do curso pinchar no seguinte enlace: Programa do Curso.

Lugar de realización: Santiago de Compostela

Data: posiblemente sábado 26 ou domingo 27 de outubro

Horario: 9h a 13h e 14h30 a 18h30

Número máximo de alumnos: 10

Cota de inscrición: 436 €/persoa


Agradeceríamos que os interesados nos comunicaran ata o 30 de setembro o seu interese en asistir ó curso por correo-e (info@coxga.es) ou teléfono (981 598 858).

← volver

Calendario de eventos:

« Outubro 2019 »
L M Me X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031
  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B - 15701 Santiago de Compostela    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com