A Universidade de Santiago e Ourives de Compostela formalizan a súa fructífera colaboración

Asinaron no Pazo de San Xerome un Convenio que dá continuidade aos proxectos xa en marcha

         O Reitorado da Universidade de Santiago acolleu o xoves 16 de xaneiro a sinatura dun Protocolo de Colaboración entre a USC e a Asociación de Artesáns e Comerciantes “Ourives de Compostela”,  coa intervención do Reitor , D. Antonio López e do Presidente de Ourives, D. Arturo Ouro.

         Este convenio ven a consolidar o apoio que a Universidade leva brindado ao Plan Estratéxico dos Ourives desde antes incluso da súa presentación pública, e permitirá afondar nos beneficios para a cidade, para a institución académica e para o gremio prateiro e acibecheiro.

         Como medidas inmediatas, se prevé o deseño de varias liñas de investigación prioritarias, que permitan superar as carencias de documentación e coñecemento histórico e artístico que presenta a orfebrería compostelá, e deseñar o seu desenvolvemento. Deste xeito, o gremio completará unha sólida base na que asentar o seu futuro.

         Arturo Ouro agradeceu o apoio entusiasta do Reitor, así como o traballo e agarimo a prol deste convenio por parte da Vicerreitora de Cultura, Dna. Mar Lorenzo, tamén presente no acto. O Reitor destacou que a Universidade desexa relanzar o patrimonio cultural e económico da cidade, así como implicarse máis, se cabe, na súa sociedade, obxectivos aos responde á perfección a colaboración co sector ourive.

         No Pazo de San Xerome derónse cita, ademáis, os responsables da Área de Cultura da Universidade, así como asociados de Ourives, que celebraron a continuación do acto protocolario unha xuntanza de traballo, así como una visita a pezas emblemáticas do patrimonio universitario en materia de orfebrería.

         Nos vindeiros meses, daránse a coñecer diversas actuacións e programas ao abeiro deste imporante convenio. Cómpre resaltar que o apoio da Universidade foi a primeira pedra, sobre á que a asociación ourive quixo construir o seu ambicioso Plan Estratéxico, polo que o día de xoxe foi dunha especial satisfacción para o colectivo.

 

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com