Unha ducia de escolares de Galicia cumpriu o seu soño de ver realizada a xoia que deseñaron para regalar a súa nai

    

  • 80 deseños finalistas e 12 premiados convertidos en xoias na XIII edición do certame “Deseña unha xoia para a túa nai”
  • Xoieiros Profesionais converteron en xoias reais os deseños gañadores: Félix Munín, Fink Orfebres, Isabel Suárez e a alumna Ana García Fernández da EASD Mestre Mateo (de Santiago de Compostela); Ardentia e Unión Joyera de Bergondo (de Bergondo); Rosende Joyeros (de Ferrol); Joyería Fernández (de Sada); Taller Fariña Xoias (de Marín) e Óscar Rodríguez, (de Viveiro)
  • A entrega de premios tivo lugar o venres 28 de abril ás 17h30 no Auditorio Reveriano Soutullo, de Ponteareas. Ao acto asistiron autoridades das distintas Administracións Públicas, e membros da Xunta de Goberno do Colexio de Xoiaria que arrouparon aos 80 finalistas e ás súas familias.

 

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2023 O Certame “Deseña unha xoia para a túa nai”, que organiza O Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia (Coxga), en colaboración coa Xunta de Galicia, volveu a poñer a proba a creatividade dos máis pequenos cun certame no que retaba a nenos de 0 a12 anos a deseñar a xoia que lles gustaría regalar a súa nai.

Os escolares participantes na XIII edición, diferenciados en categorías por idades, de 0 a 4 anos, de 5 a 7, de 8 a 10 anos e de 11 a 12 anos, debuxaron a xoia que quererían regalar á súa nai, e, entre os miles de traballos presentados, o xurado seleccionou aos 80 finalistas.

No acto de entrega de premios que tivo lugar o pasado venres 28 de abril ás 17h30 no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas, e que contou coa presenza de autoridades das distintas Administracións Públicas, arroupando aos 80 finalistas e ás súas familias, desveláronse os gañadores que viron convertidas en xoias reais os seus deseños.

Os xoieiros profesionais que o fixeron posible foron Félix Munín, Fink Orfebres, Isabel Suárez e a alumna Ana Garía Fernández, da EASD Mestre Mateo, de Santiago de Compostela; Ardentia e a Unión Joyera de Bergondo, de Bergondo; Rosende Joyeros, de Ferrol; Joyería Fernández, de Sada; Taller Fariña Xoias, de Marín e Óscar Joyeros, de Viveiro.

Tomando como referencia os debuxos enviados polos nenos e nenas, cada un dos xoieiros encargouse da creación dunha ou varias das xoias gañadoras. Intentando manterse o máis fiel posible ao deseño, decidiron o tipo de metal máis apropiado e a interpretación que mellor garantiu a súa execución técnica.

Estas doce xoias únicas dos premiados na XIII edición do certame “Deseña unha xoia para a túa nai”, súmanse ás 126 xoias fabricadas con anterioridade nas pasadas edicións. Un premio que durará para sempre e que conta coa garantía de profesionalidade dos xoieiros colexiados de Galicia.

O Coxga quere, con esta iniciativa, facer máis visible a profesión ante a sociedade, achegando aos máis pequenos ás posibilidades culturais e laboráis que ofrece o sector da xoiaría.

O acto rematou cunha emotiva homenaxe á falecida Dona Pilar Domingo García, quen fora profesora e directora do Colexio Plurilingüe Santiago Apostol de Ponteareas, e promovera con paixón este certame como unha actividade do Colexio que contribuía a desenvolver as facultades manuais e artísticas dos nenos. 

En recoñecemento da súa labor, Óscar Rodríguez, presidente do Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia, entregou unha placa ao actual director do Colexio Santiago Apostol de Ponteareas, Gregorio Amoedo.

Preme aquí para ver os deseños gañadores.

Listado de gañadores:

idade

apelidos

nome

colexio/anpa

localidade

3

Monagas González

Elisabete

CPR Plurilíngüe Eduardo Pondal

Cangas

4

Rey Ameneiros

Cristian

CPR Jorge Juan

Narón

3

Trillo Villegas

Mara

CPR Plurilíngüe Vilas Alborada

Santiago de Compostela

7

Conde Gil

Álvaro

CEIP Rosalía de Castro

Xinzo de Limia

6

Cruz Porto

Artai

CEIP Ramón María del Valle Inclán

Oleiros

6

Méndez Fragueiro

Noa

CPR Plurilíngüe Santiago Apostol

Ponteareas

9

Bahamonde Montero

Julia

CPR Plurilíngüe Vilas Alborada

Santiago de Compostela

8

Mosquera García

Iker

CPR Plurilíngüe Vilas Alborada

Santiago de Compostela

10

Rey Santos

Tomás

CPR Plurilíngüe Alca

Ames

12

Eiroa González

Jaime

CPR Nosa Señora do Pilar

Foz

12

López Míguez

Julia

Colegio Plurilíngüe Vigo

Redondela

11

Lourido Nieto

Lola

CPR Plurilíngüe Santiago Apostol

Ponteareas

 

                                                                                  

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com