Publicada a Convocatoria dos Premios Artesanía de Galicia 2023

Publicada no Diario Oficial de Galicia a convocatoria dos Premios Artesanía de Galicia 2023.

Prazo para a presentación de candidaturas: dende as 8h do 18/09/2023 ata as 14h30 do 29/09/2023.

Modalidades:

- Premio Artesanía de Galicia 2023: premiarase a obra que represente as liñas desexadas para unha artesanía competitiva no mercado actual, como son o deseño, a adaptación ou a conservación das técnicas e dos valores tradicionais máis característicos da nosa artesanía, a incorporación ás tendencias actuais, a innovación, a boa presentación e a calidade da obra, tanto nos seus materiais como no desenvolvemento desta.

- Premio Traxectoria 2023: premio honorífico en recoñecemento á traxectoria profesional consolidada dunha persoa artesá galega. O premio será concedido tendo en conta as propostas dos obradoiros artesanais inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, as asociacións profesionais de artesáns e artesás de Galicia e outras entidades públicas ou privadas, encargados de facer a presentación das candidaturas. Valoraranse a traxectoria recoñecida da persoa candidata, a súa contribución, posta en valor e promoción da artesanía galega, a calidade dos seus traballos realizados e o compromiso coa divulgación e transmisión pedagóxica dos principais valores no eido da nosa artesanía.

- Premio Bolsa Eloy Gesto 2023: esta modalidade ten a finalidade de potenciar a remuda xeracional na artesanía, o acceso de novos talentos ao sector e a súa profesionalización. Premiarase a candidatura que presente unha proposta para a súa formación nun centro formativo ou nun obradoiro artesanal de referencia no eido da artesanía e o deseño. Valoraranse o carácter innovador do proxecto, a transferencia de coñecemento que se pretende acadar con esa formación, a incorporación das novas tecnoloxía, o currículo da persoa candidata e a potencialidade de incorporación desta formación para a elaboración dun produto artesanal innovador. Tamén se terá en conta o grao de madurez, a calidade na presentación da proposta, así como a colaboración entre distintas actividades artesanais.

Participantes:

- Premio Artesanía de Galicia 2023: obradoiros artesanais inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, cuxo titular sexa unha persoa artesá rexistrada como tal.

- Premio Traxectoria 2023: artesáns/ás en activo ou retirados que están ou estiveron inscritos como tales no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e cunha actividade mínima e demostrable no sector de vinte (20) anos. Os encargados de facer a presentación das candidaturas desta categoría serán os obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, as asociacións profesionais de artesáns e artesás de Galicia ou outras entidades públicas ou privadas. Estas propostas serán sempre realizadas por terceiros, é dicir, ningún obradoiro poderá realizar a proposta do titular ou dun traballador do propio obradoiro.

- Premio Bolsa Eloy Gesto 2023:

 Obradoiros artesanais incristos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e cuxo titular sexa unha persoa artesá rexistrada como tal e que acadara unha idade máxima de 40 anos no ano 2023.

Premios:

- Premio Artesanía de Galicia 2023: 

Dotación de 9.000 € e trofeo acreditativo. A persoa gañadora cederalle á Fundación Artesanía de Galicia a propiedade da obra premiada.

- Premio Traxectoria 2023:

Trofeo acreditativo e sen dotación económica

- Premio Bolsa Eloy Gesto 2023:

Bolsa de formación de 4.000 € e diploma acreditativo.

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com