Finalizados os cursos organizados esta primaveira polo Colexio Profesional de Xoiaría.

[2010-07-05]

abrir en pdf para imprimir


Imaxe da nova.

Nun mercado de traballo altamente competitivo e nun medio en proceso de cambio constante, a formación dos profesionais debe manterse sempre actualizada.

Preocupado por esta necesidade de contribuír á formación contínua dos profesionais colexiados, o Colexio Profesional de Xoiaría organizou catro cursos de diferentes materias no primeiro semestre do 2010, que se realizaron durante os pasados meses de marzo e abril: ESCAPARATISMO, MICROFUSIÓN, REPARADOR DE RELOXIOS e DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR.

Do mesmo xeito que o pasado ano, os cursos gozaron dunha gran demanda entre os nosos colexiados, obrigando a abrir en todos eles unha lista de espera que non en todos os casos puido ser atendida, tendo en conta que para buscar a maior calidade na formación, cómpre ofertar un número limitado de prazas.

Os cursos foron todo un éxito, tanto pola elevada participación (máis de 70 alumnos asistiron os distintos cursos cubrindo así a totalidade das prazas ofertadas) como pola calidade dos docentes, profesionais cunha ampla experiencia na especialidade impartida.

Buscando facilitar na medida do posible a asistencia dos interesados, compatibilizando ao máximo horarios e desprazamentos, na programación dos cursos tívose en conta o lugar de domicilio da maioría de inscritos e un calendario preferentemente de fin de semana. Nesta ocasión, os cursos realizáronse en VIGO (Reparador de Reloxos), SANTIAGO (Decoración de escaparates e Deseño 3D) e BERGONDO – A CORUÑA (Microfusión).

Co propósito de axustar cada vez máis a nosa oferta formativa ás necesidades actuais do sector, ao longo do verán realizarase unha enquisa entre os colexiados, en que poderán reflectir os seus intereses e suxestións para configurar a próxima convocatoria de cursos do Colexio.

Próximos eventos

« Maio 2012 »
L M Me X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Buscar no arquivo

Espazo publicitario