[2010-07-05]
O pasado 21 de xuño, presentouse ao público a nova campaña de promoción e divulgación da asociación Ourives de Compostela, nun acto celebrado no Centro Galego de Arte Comtemporánea en Santiago; de que se fixo extensiva invitación a todos os compañeiros do Colexio de Xoieiros.
Durante o acto, o ourive Roberto Pampín, presidente de Ourives, fixo entrega á Presidenta da Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple da recadación obtida coa iniciativa “Pugas de Corazón” iniciado en outono. Esta simpar iniciativa solidaria consistiu na venda a beneficio da entidade de 110 réplicas da puga de prata e acibeche que a asociación Ourives de Compostela regalou ao músico Bruce Sprigsteen con motivo do concerto ofrecido o pasado verán en Santiago. As pezas foron realizadas por Antonio Mayer, ourive compostelán afectado pola enfermidade.
Creado por:
versiongalega.com - adaptacionalalopd.esLicencia Creative Commons
Aviso legal Acceso correo