Reunión na subdirección xeral de industria (xuño 2010).

[2010-07-05]

abrir en pdf para imprimir


Imaxe da nova.

O Presidente do Colexio, Oscar Rodríguez, acompañado doutros membros do Colexio, foi recibido o pasado 3 de xuño por D. Antonio de la Hera, Subdirector Xeral de Administración Industrial da Consellaría de Economía e Industria.

Na reunión mantida tratáronse diferentes asuntos de interese e proxectos para os que o Colexio propuxo a colaboración deste departamento:

- Presentouse unha proposta de Concurso Internacional de Deseño de Xoiaría. A iniciativa “Premios Internacionais Galicia Xoia” permitiría prestixiar o nome de Galicia pola calidade e excelencia da súa calidade joyera, promover entre o público xeral o coñecemento da xoiaría actual, promover unha plataforma de contactos e difusión ao sector xoieiro, impulsar as futuras xeracións e recoñecer os méritos tanto dos artístas nomeados e premiados como das institucións que contribúan a estes obxectivos.
- Entregouse un borrador en que se perfilan as bases dunha futura Escola de Xoiaría, que complete o actual esquema de formación incidindo na especialización e a introdución de tecnoloxías avanzadas.

Por outra banda, conseguiuse información acerca da actual operativa e medios do Laboratorio de Contrastación de Metais, resaltandose a necesidade de contar en todo momento cunha axeitada dotación e xestión dos seus recursos, a fin de evitar que deficiencias neste servizo puidesen derivar en prexuízo do sector.

Próximos eventos

« Maio 2012 »
L M Me X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Buscar no arquivo

Espazo publicitario