Óscar Rodriguez Joyeros acada o segundo Premio Nacional de Artesanía (novembro 2010).

[2010-12-29]

abrir en pdf para imprimir


Imaxe da nova.

O Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia, congratúlase do éxito e expresa a súa felicitación á firma
Óscar Rodríguez Joyeros por un merecido galardón, que non fai senón recoñecer a un dos mellores creadores da xoiaría galega.

Óscar Rodríguez e a súa filla Cristina Rodríguez recibirón o pasado martes 23 de novembro o segundo galardón do Premio Nacional de Artesanía pola súa colección “Tesouros do mar” nunha gala na sede do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio en Madrid.

Óscar Rodríguez Joyeros fíxose co segundo premio na categoría de mellor producto, o que supón todo un recoñecemento para o traballo desenrolado por este artesán.

A colección “Tesouros do Mar”, que reflexa o vínculo do autor co Mar Cantábrico, toma como base as cunchas mariñas para preparar unha serie de xoias exclusivas combinadas con ouro e outros metais e con pedras preciosas.
Parte desta colección permanece exposta de forma temporal na sede do Ministerio, e logo percorrerá toda España.

Asistiron ó acto a delegada da Xunta en Lugo, Dña. Raquel Arias, a Directora Xeral de Comercio, Dña María Nava e a responsable da Fundación Centro Galego de Artesanía, Dña. Elena Fabeiro.

Próximos eventos

« Maio 2012 »
L M Me X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Buscar no arquivo

Espazo publicitario