[2010-12-29]
O Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia celebrou o pasado 27 de novembro a gala anual na honra ao seu patrón, San Eloy, con un almorzo no Restaurante Rocamar de Baiona (Pontevedra).
Este día, sirveu non só para conmemorar un día moi sinalado para o sector senón tamén como un punto de encontro no que se deron cita decenas de profesionais da xoiaría procedentes de toda a xeografía galega para compartir un día entrañable e estreitar lazos de amistade.
A xornada comezou coa celebración dunha misa na honra ao Patrón na Parroquia da Inmaculada Concepción de Vigo, sita no coñecido barrio do Calvario (Vigo).
Posteriormente, os actos de celebración do patrón, conducidos pola presentadora galega Belén Álvarez, desenroláronse no Restaurante Rocamar de Baiona, onde tivo lugar un aperitivo de benvida que permiteu os asistentes saudarse antes de pasar ao salón no que disfrutaron do almorzo trala presentación da campaña de publicidade do Colexio para este Nadal e do II Certame de Deseño de Xoiaría para nenos en idade escolar que se levará a cabo nos primeiros meses do ano 2011.
Finalizado o almorzo rendeuse unha cariñosa e especial homenaxe a diversas persoas que o Colexio quixo distinguir este ano.
Nesta ocasión entregóuselle a “Segueta de Prata do Colexio” por toda unha vida adicada a xoiaría, a D. Francisco Javier Blanco Fernández, D. Víctor Mato Rego, Dª. Claudina Alonso Piñeiro, Dª. Rosa María Salamanca Acevedo e D. José Núñez Prado.
Dentro do apartado de non colexiados, distinguiuse coa “Medalla do Colexio de Xoieiros” a D. Pedro Pérez Fernández, fundador e director do grupo Duplex (Barcelona), pola súa apaisoada defensa da profesión e quefacer dos xoieiros e pola súa sempre voluntariosa e inestimable colaboración na promoción da xoiaría e especialmente da xoiaría galega.
Por último e non por iso menos importante, o Colexio entregou este ano unha distinción especial, a “Segueta de Ouro do Colexio” a D. José Eloy Gesto Ferreiro, profesional que encarnou durante ano a tradición da orfebrería compostelana, e home entregado a profesión da xoiaría.
O acto – homenaxe finalizou co discurso do presidente do Colexio, D. Óscar Rodríguez Blanco, no que tivo unhas emotivas palabras de recoñecemento ao traballo e dedicación de tódolos homenaxeados.
Para finalizar, un gran baile fin de festa puxo o broche final a celebración de San Eloy
Creado por:
versiongalega.com - adaptacionalalopd.esLicencia Creative Commons
Aviso legal Acceso correo