A xoiaría galega incorpórase ó selo Galicia Calidade (marzo 2011).

[2011-02-24]

abrir en pdf para imprimir


Imaxe da nova.

O pasado mes de febreiro materializouse a firma do convenio de colaboración alcanzado entre o Colexio de Xoiaría e a Consellería de Economía e Industria, en virtude do cal as pezas elaboradas por xoieiros galegos poderán beneficiarse do respaldo do selo Galicia Calidade.

Para incorporarse ao uso da marca Galicia Calidade as pezas ou coleccións de xoiaría deben cumprir os requisitos técnicos que se conteñen nos pregos de condicións aprobados por Galicia Calidade coa colaboración do Colexio, en particular:

- As empresas fabricantes terán o seu centro principal de produción situado en Galicia; ademais, o taller ou centro de produción deberá estar dirixido por un profesional colexiado, garantía da súa capacitación ou habilitación profesional.

- Todas as pezas deberán lucir acabados impecables e alcanzar unha lei mínima de 750 milésimas para o ouro, 925 para a prata e 950 para o platino.

- Os estoxos e embalaxes deberán ser idóneos para a peza de que se trate, acorde coa súa calidade e axeitado para a súa conservación. Os estoxos levarán visible o logo, firma ou marca do fabricante.

- Cada peza irá acompañada dun certificado descritivo do proceso de elaboración, composición e características da xoia, o seu nome, colección e data de fabricación; xunto co nome do fabricante e fotografías que a identifiquen.

- As pezas incorporadas a Galicia Calidade, estarán garantidas por un prazo de 3 anos, nos que os fabricantes dispoñerán dun servizo de postvenda con garantía de resposta nun prazo máximo de 15 días.


Para control do cumprimento destes requisitos de calidade, o Colexio asume o compromiso de asesorar á marca de garantía pública á hora de elaborar as auditorías pertinentes para velar polo correcto uso do selo Galicia Calidade.

Con esta iniciativa, cúmprese o obxectivo de obter o apoio da Xunta de Galicia para a promoción do noso sector baixo o paraugas de Galicia Calidade. Esta ferramenta permitirá á xoiaría galega un maior posicionamento nos mercados nacionais e internacionais, potenciando o prestixio dos nosos profesionais.

D. Ángel Tahoces, Director de Industria da Consellería de Economía e Industria e D. Óscar Rodríguez, Presidente do Colexio de XoiaríaDe esquerda a dereita, D. Carlos Vila, Xerente de Galicia Calidade, Dª María Lorenzo, Xerente do Colexio de Xoiaría, D. Óscar Rodríguez, Presidente do Colexio de Xoiaría, D. Javier Guerra, Conselleiro de Economía e Industria, Dª María Nava Castro, Directora Xeral de Comercio e D. J. Carlos García, Asesor do Colexio de Xoiaría.

Próximos eventos

« Maio 2012 »
L M Me X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Buscar no arquivo

Espazo publicitario