[2011-05-09]
O Colexio Oficial de Xoiaría asinou o pasado mes de abril un convenio de colaboración con Gravograph, líder mundial en tecnoloxía de grabado, tanto mecánico como láser.
O acordo permitirá ós colexiados beneficiarse en condicións ventaxosas de productos e servicios de grande interese para a súa actividade profesional: descontos sobre a tarifa xeral en tódolos productos e servicios Gravograph, contrato de mantemento e asistencia gratuito de 1 ano, finalizado o período de garantía, para tódolos colexiados que adquiran un equipo de grabado Gravograph e financiación por renting para máquinas de grabado a partir dun valor neto de adquisición de 3.000 euros.
Ademais, como complemento a esta oferta, Gravograph ofrecerá cursos de formación especialmente enfocados ó sector da Xoiaría, que serán gratuitos para aqueles colexiados que teñan un contrato de mantemento ou unha máquina en período de garantía.
Creado por:
versiongalega.com - adaptacionalalopd.esLicencia Creative Commons
Aviso legal Acceso correo