Xornadas Comerciais e Curso con Gravograph (xuño 2011).

[2011-06-28]

abrir en pdf para imprimir


Imaxe da nova.

Os pasados días 14 e 15 de xuño celebráronse nas cidades de Vigo e A Coruña as Xornadas Comerciais organizadas por Gravograph en colaboración con este Colexio.

Estas xornadas, froito do recente acordo de colaboración asinado coa coñecida empresa de tecnoloxía de grabado, permitiu a tódolos colexiados que o desexaron, coñecer as novidades máis destacadas en maquinaria de grabado, software, accesorios e consumibles para o sector da xoiaría.

Como complemento a estas Xornadas, Gravograph ofreceu un curso de formación ós colexiados interesados en mellorar os seus coñecementos sobre o software de grabado das súas máquinas co obxetivo de aumentar a súa productividade e rendemento, facilitándolle con iso o seu traballo diario asi como os coñecementos necesarios para realizar traballos máis especializados.

Tendo en conta a indubidable importancia e aporte que supoñen para o sector da xoiaría este tipo de xornadas e cursos, o Colexio agarda repetir o éxito acadado neste primeiro encontro, así como espertar o interese dos colexiados de toda a comunidade en sumarse a estos proxectos.

Próximos eventos

« Maio 2012 »
L M Me X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Buscar no arquivo

Espazo publicitario