[2011-06-28]
O Colexio Profesional de Xoiaría segue tendo entre os seus principais obxetivos potenciar a formación continua dos seus membros coa finalidade de ofrecerlles unha maior capacitación profesional e axudarlles a axilizar e mellorar o seu traballo diario, feito que supón un gran avance na profesionalidade do sector.
Baixo esta premisa, acaba de organizar en colaboración con Artesanía de Galicia, os cursos de Perfeccionamento de Microfusión e de Soldadura Láser, atendendo así a unha importante parte do abano de necesidades formativas sinaladas nas enquisas que se levaron a cabo o pasado verán.
Os cursos desenroláronse durante os meses de maio e xuño en Bergondo, na Aula de Formación “MASTALLER”, donde os alumnos tiveron a súa disposición a ferramenta e maquinaria imprescindible para un bo aproveitamento práctico do curso e contaron con docentes de calidade e ampla experiencia en formación no sector en cada unha das disciplinas impartidas.
Mantendo esta liña de actuación, o Colexio seguirá apostando pola formación continua dos seus membros como a mellor arma para afrontar os novos retos profesionais e como medio que permitirá os colexiados ofrecer calidade e seguridade en tódolos seus traballos, converténdose así nos profesionais cualificados que require a cidadanía.
Creado por:
versiongalega.com - adaptacionalalopd.esLicencia Creative Commons
Aviso legal Acceso correo