Mastaller, empresa orientada ao sector da xoiaría

[2011-07-01]

abrir en pdf para imprimir


Imaxe da nova.

Nace en Bergondo MASTALLER, unha empresa de servizos orientada ao sector da xoiaría que conta con instalacións de primeiro nivel e con profesionais que reúnen o saber facer artesán co coñecemento das novas tecnoloxías.

Os máis de vinte anos de servizos no sector sumados á súa aposta pola tecnoloxía punteira son as garantías que avalan o seu compromiso de ofrecer o mellor servizo aos seus clientes.

A nova empresa presta o seu servizo a outros talleres que, ben por tamaño, estratexia ou por situacións puntuais de exceso de tarefas, necesitan externalizar algúns dos seus procesos de creación.

Ademais, comprometida coa realización de pezas únicas, ofrece xoiaría personalizada para particulares, empresas, organismos oficiais e institucións e a posibilidade de plasmar nunha peza real de xoiaría a creatividade dos seus clientes.

Tamén conta nas súas instalacións cunha aula de formación totalmente acondicionada para a realización de todo tipo de cursos relacionados co sector da xoiaría. Actualmente organiza cursos de diferentes niveis de Deseño de xoiaría con software 3 D e prototipado (3Design), Soldadura láser para metais preciosos e Técnicas de Microfusión. colaborando con docentes de recoñecido prestixio para os cursos avanzados de 3D e Ténicas de Microfusión.

Pódese ampliar información sobre a empresa MASTALLER e os servizos que ofrece na súa páxina web www.mastaller.com

Próximos eventos

« Maio 2012 »
L M Me X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Buscar no arquivo

Espazo publicitario