[2011-09-26]
A Asamblea Xeral Extraordinaria do Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia celebrada o pasado sábado 24 de setembro ratificou a única candidatura presentada ás eleccións de membros da Xunta de Goberno.
Inmediatamente despois da ratificación da Asamblea por unanimidade, celebrouse o acto público de toma de posesión de cargos da nova Xunta de Goberno, integrada por algúns dos membros da Xunta anterior e tres novas incorporacións. Así pois, a composición da nova Xunta de Goberno para o período 2011 – 2015 queda como segue:
1.- D. OSCAR RODRÍGUEZ BLANCO
Presidente
2.- D. PABLO GARCÍA REGUEIRA
Vicepresidente 1º
3.- D. LUIS GONZÁLEZ BAHAMONDE-
Vicepresidente 2º
4.- D. ALFONSO PÉREZ COUTO
Tesoureiro-contador
5.- Dña. CARMEN MARÍA OTERO GARCÍA
Secretaria
Vogais:
1.- D. ENRIQUE GUILLERMO FINK FERNÁNDEZ
2.- D. JOSÉ ANTONIO GARCÍA PRADO
3.- D. JOSE LUIS MÍGUEZ CRISTÓBAL
4.- D. CELSO SANTOS PEREIRA VARELA
5.- D. SENÉN RODRÍGUEZ MARTÍNEZ
No transcurso da Asamblea, Óscar Rodríguez, que presidirá durante un novo mandato o Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia, aproveitou a ocasión para agradecer ós compañeiros saíntes da anterior Xunta, a súa colaboración, dedicación e horas de esforzo adicadas ós intereses da profesión e do colectivo.
A nova Xunta de Goberno, que xa fixou a data da súa primeira reunión para marcar os obxetivos a cumprir duante os vindeiros catro anos, manifesta dende este momento a intención de seguir avanzando no recoñecemento e mellora da profesión.
Creado por:
versiongalega.com - adaptacionalalopd.esLicencia Creative Commons
Aviso legal Acceso correo