[2011-11-11]
O Colexio Oficial de Xoiaría celebrará a súa tradicional Gala anual na honra de San Eloy, patrón dos xoieiros, o próximo sábado 3 de decembro con unha cea de confraternidade no Hotel Meliá María Pita de A Coruña.
Con esta celebración non so se pretende honrar o noso patrón, senón que esta festividade serva de punto de encontro e reunión para todos os colexiados.
Como ven sendo habitual, o momento máis destacado e emotivo da celebración será o acto institucional de recoñecemento e homenaxe a aqueles que, dunha ou outra forma, contribuiron o desenrolo do noso sector.
Nesta ocasión, distinguirase coa Segueta de Prata, en recoñecemento a toda unha vida adicada a profesión , ós seguintes colexiados:
- Dª. Alsira Gómez Lorenzo
- Dª. María Ángeles Feijóo Sánchez
- D. Jesús Benigno Carreira Braña
- Dª. Pilar Fernández Pato
Asimesmo, rendirase unha merecida homenaxe a D. Juan Manuel Candame Areosa, presidente da Asociación Española de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros, a quen se fará entrega da Segueta de Ouro pola súa gran aportación e impulso a xoiaría galega non so a nivel nacional senón tamén internacional, así como por todas as iniciativas emprendidas en pro do sector.
Xunto a eles, a Xunta de Goberno, decidíu rendir homenaxe, no apartado de non colexiados, mediante a entrega da medalla do Colexio, a D. Antonio Couceiro Méndez, exconselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, polo seu decidido apoio á xoiaría galega durante a súa etapa na Administración.
A celebración comenzará con un cocktail de benvida, tras o cal terá lugar o acto de entrega de galardóns e posteriormente a cea.
Finalizada ésta procederase a realizar o sorteo dun cruceiro para dúas persoas, entre todos os colexiados que contribuiran coas súas aportacións a facer realidade a campaña publicitaria de Nadal e, por último, para cerrar a festividade, terá lugar un gran baile fin de festa con barra libre.
Dende a xunta de Goberno do Colexio quérese animar a todos os colexiados para que asistan a este encontro e, neste sentido, para facilitar a participación dos máis xóvenes, acordou reducir nun 50% o importe do cuberto para os colexiados de 25 anos ou menos, así como para os alumnos da Escola Mestre Mateo e a Escola do Atlántico, o futuro do noso sector.
Creado por:
versiongalega.com - adaptacionalalopd.esLicencia Creative Commons
Aviso legal Acceso correo