[2011-11-18]
Un ano máis, ante a inminente chegada do Nadal, a Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xoiaría, estimou oportuno continuar apostando pola promoción e impulso da imaxen do sector, co obxetivo de aumentar o protagonismo do regalo de xoiaría no período navideño e como ferramenta fundamental para afrontar la actual coxuntura económica.
Despois da primeira campaña de promoción do sector que se desenvolveu durante os anos 2.009 e 2.010, este ano lanzarse unha nova campaña de publicidade, elaborada sobre a imaxe da campaña anterior co fin de manter a continuidade dunha imaxe da xoiaría que empeza a ser habitual na sociedade, conseguindo deste xeito fortalecer as campañas anteriores, se ben, a nova campaña estará máis orientada a conseguir un incremento no nivel de vendas e vincularase estreitamente ao profesional colexiado, destacando a busca do distintivo do Colexio como garantía de profesionalidade.
A campaña publicitaria desenvolverase durante todo o mes de decembro en traseiras de autobuses urbanos e interurbanos repartidos por toda a xeografía galega e dende o 15 de decembro a 4 de xaneiro en televisión (TVG), V Televisión e radio (ONDA CERO rexional, CADEA SER rexional, CADEA COPE rexional e RADIO AUTONÓMICA GALEGA) por ser medios de comunicación que chegan doadamente ao público e a unha gran cantidade de persoas.
Para dar maior forza e unidade ao sector, así como para evitar os elevados custos que leva consigo realizar unha campaña publicitaria a título individual, todos os colexiados que queiran realizar publicidade do seu establecemento ou nome comercial, poderán utilizar a imaxe desta campaña, personalizala co seu nome e facer uso desta A PARTIR Do PRÓXIMO 20 DE OUTUBRO.
Todos os interesados en personalizar a publicidade co seu nome, deberán comunicalo ás oficinas do Colexio o antes posible, indicando os soportes e medios nos que desexa inserir a súa publicidade (p. ex. un valo en Ourense ou unha cola de cuña para CADEA SER rexional...) para os efectos de que a axencia de publicidade comprobe a dispoñibilidade destes e poida facer as oportunas reservas. En caso de ter reservados os soportes e medios, poderán comunicarnos o seu interese na personalización da publicidade ata o 14 de novembro.
Creado por:
versiongalega.com - adaptacionalalopd.esLicencia Creative Commons
Aviso legal Acceso correo