Finalistas do concurso

Xa temos o listado dos 80 finalistas da edición 2012 do concurso "Deseña unha xoia para a túa nai". Entre estes 80 nenos e nenas figuran os 12 gañadores que recibirán a súa xoia feita realidade o venres 27 de abril, en Santiago de Compostela, nunha festa-entrega de premios e diplomas. Logo de recepcionar un récord de deseños na sede do Colexio Oficial de Xoiaría, o xurado, que indicamos a continuación, foi quen tivo a enorme tarefa de escoller entre as 7.167 propostas recibidas. O xurado: Oscar Rodríguez, xoieiro-deseñador de “Oscar Rodríguez Joyeros” e presidente do Colexio Oficial de Xoiaría María Eugenia Pérez, subdirectora xeral de Orientación Profesional e Relación con Empresas, da Xunta Luis González, prateiro-deseñador de "Ardentia" e vicepresidente do Colexio Oficial de Xoiaría Carlos Pereira, director da "Escuela de Joyería del Atlántico" Santiago Riande, director da Escola de arte e superior de deseño Mestre Mateo Elena Fabeiro, xerente da "Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño" María Xosé Rodríguez, comandante do programa "Somos Quen", da Radio Galega Ramón Conde, escultor Enrique Fink, ourive-deseñador de "Fink Orfebres" Soledad Mato, xoieira-deseñadora, de “El Taller” José María Mayer, prateiro-deseñador de "Maysil" Cristina Rodríguez, xoieira-deseñadora de "Piropo Joyas" Para acceder ao listado completo, premer neste enlace: listado finalistas 2012 Vémonos o venres 27 de abril para a entrega dos premios, no CGAC, ás 18h, en Santiago de Compostela!
Visualizar o mapa ampliado

← volver

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Amores auténticos, xoias inesquecibles

Calendario de eventos:

  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Laverde Ruiz, Nº 6, Entresuelo, Santiago de Compostela, 15702, A Coruña    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com