Imaxe da nova.

A xema do mes de novembro: o Topacio

 

A xema do mes de novembro: o Topacio

 

Texto e imaxes: Juan Cristóbal Fernández Casas

Xemólogo colexiado nº G006

Para leer el artículo en castellano pincha aquí.

 

De todas as xemas que coñecemos é, sen dúbida, a que ten unha orixe etimolóxica máis enrevesada. Coñecemos hoxe en día que o que citaban na antigüidade escritores como Cornelius no ano 82 antes de Cristo ou Plinio no seu lapidario como Topazus, non era senón o Peridoto, que eles nos seus escritos situaban como orixinario dunha illa do Mar Rojo, hoxe identificada como Zabargad.

 

Alfonso X o Sabio no seu lapidario ou Marco Polo ó falar da illa de Ceilán xa o denominaban Stopaza ou Stopacis respectivamente. Arredor do século XIII xa temos a palabra asociada, con case toda seguridade, ó mineral que coñecemos actualmente. Sen embargo non remata aquí a confusión de termos, pois ata fai relativamente pouco, e é unha costume difícil de erradicar, é normal aínda confundir no comercio o topacio con outra das nosas xemas de color amarelo pertencente a unha especie diferente: o cuarzo amarelo ou citrino.

                                                                       

 

De orixe pegmatítica ou hidrotermal, cristaliza no sistema ortorrómbico, tendo nalgúns casos unhas características externas particulares ó seu tipo de formación ou incluso ó seu xacemento orixinal. Tamén se relacionou a súa cor ou orixe coa súa composición química, dependendo do seu contido en F ou se ten moléculas do grupo OH, pero non é claro ó ter aparecido exemplos con ambos compoñentes. Hai moitos exemplos de cristais, a maioría das veces sen calidade xemolóxica, de varios centos de quilos, dos que existen mostras en moitos museos xeolóxicos e de historia natural. As súas variedades de cor van dende o incoloro azul, pasando por un ton verdoso, amarelo, rosa e avermellado. Quizais a máis valorada sexa a coñecida co nome comercial de Imperial, dun cor amarelo a dourado con sobretonos rosas. A pesar da lenda asociada ó seu nome, non existe documentación que relacione o seu nome cos xacementos rusos das historias que contaban que os topacios eran dos emperadores rusos que tiñan o monopolio da súa explotación e que usaban como regalo exclusivo.

 

Son moi comúns os tratamentos no topacio. De exemplares amarelos sen calidade xemolóxica obtéñense cores rosas que son moi raros na natureza e de prezo superior. A maioría de topacios azuis son pouco saturados na súa cor, e irrádianse con posterior quentamento para dar tons máis oscuros. De aí  veñen as cores tan de moda nos últimos anos coñecidos como Swiss blue ou London blue.

 

← volver

Calendario de eventos:

« Xuño 2018 »
L M Me X V S D
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B - 15701 Santiago de Compostela    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com