Imaxe da nova.

A xema do mes de febreiro: a Amatista

Texto e imaxes: Juan Cristóbal Fernández Casas

Xemólogo colexiado nº G0062

Para leer el artículo en castellano, pinchar aquí.

 

Coñecida dende tempos remotos, o seu nome provén do grego Amethystus, que traducimos como “o que disipa a súa embriaguez”. Crían os antigos que o seu posuidor non se vería afectado pola enxesta de alcohol, quizais polo parecido da súa cor co dalgúns viños tintos, e que é o produto da interacción do ferro con centros de cor. Soen con frecuencia os cristais deste mineral amosar máis intensidade de cor nas súas puntas, o que é un claro indicio da súa formación a baixas temperaturas.

Durante a Idade Media foi tida como transmisora de moitas virtudes, entre elas a castidade, baseada na lenda de que o anel de prometida da Virxe María levaba engastada unha amatista. A partir de aí xurdiu a tradición de que os aneis dos Bispos tivesen unha. Por este motivo foi unha xema moi popular na época vitoriana, admitíndose o seu uso nas últimas etapas do loito (moi rigoroso naqueles anos).

Dos xacementos rusos, que carecían de rival antes do descubrimento doutras orixes, saíron xemas de moi alta calidade, o que aínda hoxe en día fai que exista no comercio a denominación (incorrecta por outra parte) de amatistas siberianas, que clasifica unha cor máis que unha orixe.

Actualmente, aínda que é unha xema con xacementos repartidos por todo o planeta, podemos destacar como moi importante os de Brasil e Zambia.

 

 

← volver

Calendario de eventos:

« Novembro 2017 »
L M Me X V S D
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930
  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B - 15701 Santiago de Compostela    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com