Imaxe da nova.

A xema dos nados en marzo: a augamariña

A xema dos nados en marzo: a aguamariña

 

Texto e imaxes: Juan Cristóbal Fernández Casas

 

Xemólogo colexiado nº G0062


Para leer el artículo en castellano pinchar aquí.

 

Principalmente de orixe pegmatítica e acadando na súa cristalización lonxitudes de varios centímetros e varios quilogramos de peso (hai referencias dun cristal brasileiro de 110 quilos) a nosa xema de hoxe, que debe o seu nome á súa cor similar á auga do mar, aparece na natureza case sempre verde pálido, observable se miramos en dirección ó seu eixe óptico, con matices azulados, debido a acción do ferro na súa estrutura. A cor azul que asociamos no presente co mineral é debido case exclusivamente a tratamentos que eliminan o verde del.

Pertence ó extenso grupo xemolóxico dos berilos, que inclúe xemas, entre outras, tan coñecidas como a esmeralda, a morganita, o berilo verde ou amarelo e o escasísimo berilo vermello ou bixbita.

Aparece en numerosos xacementos repartidos por todo o mundo, destacando EE.UU., Brasil, os montes Urais rusos, Afganistán na súa fronteira con Pakistán, e varas localización en África (Kenia, Madagascar, Mozambique, Namibia, Nixeria, Zambia e Zimbabue).

← volver

Calendario de eventos:

« Novembro 2017 »
L M Me X V S D
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930
  • Curso Online de Gemología básica
  • FOGA
  • Gravograph
  • Mapfre
  • Oferta especial colexiados



Páxinas amigas ou de interese:

www.coxga.es  /  Telf: 981 598 858  /  Rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B - 15701 Santiago de Compostela    Aviso legal
deseñado por: versiongalega.com